Cantonalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 7:
En [[España]], houbo dous momentos nos que se podería falar de ''"fenómeno cantonalista"''
 
=== Primeiro período ===
 
O primero de eses fenómenos tivo lugar durante a [[Primeira República Española|I República]], o [[12 de xullo]] de [[1873]], cando estala a insurreción en Cartagena baixo o nome de ''Revolución Cantonal'', extendéndose nos días seguintes por moitas zonas das de por entón rexións de [[Valencia]], [[Cartaxena]], [[Andalucía]] a nas províncias de [[provincia de Salamanca|Salamanca]] e [[provincia de Ávila|Ávila]]; lugares todos eles nos que se chegaron a articular ''cantóns'' (estados independentes voluntariamente federados na ''Unión Española''), destacando tamén, en [[Extremadura]], o intento de constituir cantóns en Coria, Hervás e [[Plasencia]].
 
=== Segundo período ===
 
O segundo período citado como quizais adscribible a esta denominación, pese a non selo dunha maneira ideolóxica como o anterior, corresponde ao final da [[Segunda República Española]], durante o que se desenvolveu unha [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] e a chamada ''[[Revolución Española de 1936]]'', cando durante meses se establecen decenas de Comités e Consellos municipais e comarcais (excepcionalmente existirán algúns de maior ámbito) autónomos do poder do Estado, coas súas propias moedas e billetes, chegando nalgúns casos a declararse independentes municipios ou provincias ([[Principado de Asturias|Asturias]] e [[provincia de León|León]] declarábanse soberanas a finais de agosto de [[1937]] coa constitución do ''Consejo Soberano de Asturias y León'', comunicando esta decisión á [[Sociedade de Nacións]]).