Diferenzas entre revisións de «Revolución Francesa de 1848»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
A orixe da Revolución de 1848 está no desenlace da revolución de 1830 que deixou satisfeita á alta burguesía pero non á clase media que aspiraba ao sufraxio universal e aos traballadores que non se beneficiaran de ningunha maneira. Ademais no transcurso do reinado de [[Luís Filipe]] as liberdades políticas fóronse recortando e permmitiuse unha gran corrupción política. Agravándose a situación a partir de 1845 a causa dunha crise económica que afectou a toda [[Europa]], nun principio de cariz agrícola acabou por afectar á industria, pechando fábricas.
 
== Revolución ==
O [[21 de febreiro]] de [[1848]] realizouse en [[París]] unha gran manifestación na que participaron obreiros, estudantes e membros da clase media. Pese ás ordes recibidas a policía negouse a disparar e Luís Filipe viuse na obriga de abicar dous días despois proclamándose a República, no goberno provisorio que se constituíu formaban parte obreiros por vez primeira na historia debido á alianza entre a clase media e a traballadora. Supuxo o triunfo do estado democrático fronte ao estado liberal. Nos meses seguintes a revolución extendeuse por outras cidades europeas. Pero a alianza entre as clases medias e os traballadores durou pouco xa que estes procuraban fondas reformas sociais que a clase media non estaba disposta a conceder.
[[Categoría:Revolucións]]
67.216

edicións