Historia de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
=== 0 nacemento ===
Existe arredor do nacemento da cidade de [[Pontevedra]] unha lenda de carácter erudito xestada na época de maior desenvolvemento económico e social da vila, o [[Renacemento]]. Foi nesta época cando se elaborou esta fantástica orixe para darlle maior lustre á por aquel entón puxante vila. Para iso fíxose responsábel da súa fundación a [[Teucro]], un dos heroes da [[Guerra de Troia]], que tras a morte do seu irmán [[Áiax o Grande|Áiax]] e ao ser aborrecido polo seu pai, [[Telamón]], marchou a Galiza, e bautizou a cidade onde se aposentou co nome de [[Helenes]].
 
Liña 45:
Nas súas [[carpintería de ribeira|carpinterías de ribeira]] construíronse embarcacións moi famosas como a que, mandada por [[Pai Gómez Chariño]], tomou [[Sevilla]] durante a [[Reconquista]] ou a [[carabela Santa María]], "A Galega", que partiu dun deles para a súa [[Descoberta de América|viaxe a América]].
 
=== Século XVI ===
No [[século XVI]], Pontevedra convértese nunha das máis populosas vilas galegas cun gran porto pesqueiro ligado ao comercio internacional, no que destaca a actividade da exportación de peixe salgado a Portugal. Testemuño desta época é a magnífica '''igrexa de Santa María''', levantada grazas ás achegas do poderoso [[Gremio de Mareantes]] que, por aquel entón, tiña o monopolio da exportación de salgados.
Liña 57:
O río Lérez foi producindo unha [[sedimentación]] no porto que reduciu o seu [[calado]] e obrigou a fechalo ás embarcacións de grande [[tonelaxe]]. A poboación da cidade reduciuse á metade, nuns séculos nos que se duplicou en Galiza e se triplicou no resto da comarca pontevedresa. Esta crise demográfica foi ocasionada por epidemias e graves enfermidades e agudizouse co esgotamento dos [[caladeiro]]s pesqueiros. Como consecuencia, os buques mercantes dirixíronse a outros portos e os pescadores a outros caladeiros.
 
=== Século XIX ===
A comezos do século XIX, a economía de Pontevedra baseábase fundamentalemente na actividade artesá, no comercio e, en menor medida, na pesca e na agricultura. Durante a [[Guerra da Independencia española]], o xeneral [[Michel Ney|Ney]] tentou ocupar a cidade.
Liña 67:
En definitiva, tanto o esplendor social e cultural, como o devir oficial da vila posibilitaron o desenvolvemento urbanístico, comercial e industrial de Pontevedra.
 
=== Século XX ===
Nas primeiras décadas do século XX, Pontevedra vive un momento de especial efervescencia cultural e política. Ten especial relevancia a creación da [[Misión Biolóxica de Galiza]] e a fundación, en decembro de [[1931]], do [[Partido Galeguista]], dirixido por [[Alexandre Bóveda|Bóveda]] e [[Castelao]], xermolo do [[nacionalismo galego]] actual.