Estado falido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''[[Estado]] marrado''' é un termo polémico, que cualifica un estado débil onde o goberno central ten pouco control práctico sobre o seu territorio.
 
== Definición ==
O termo é moi ambiguo e impreciso: se tomamos de forma literal a definición, un estado marrado sería aquel onde non existe un goberno efectivo, ao contrario dun goberno [[ditadura|ditatorial]] que posúe todo o poder.
 
Liña 12:
O termo tamén se utiliza no senso dun estado que se fixo ineficaz (é dicir, ten control nominal militar e policial sobre o territorio, pero só no que respecta a que non existen grupos armados desafiando directamente a autoridade do estado; en resumo: a visión: "que non haxa noticias, é unha boa noticia"); porén non pode facer cumprir as leis uniformemente debido ás altas taxas de criminalidade, corrupción extrema, extenso mercado informal, [[burocracia]] impenetrable, ineficacia xudicial, interferencia militar na política... Tamén estarían neste grupo as situacións culturais onde os líderes tradicionais gastan máis enerxía có estado sobre certas áreas de goberno aínda que non compitan co estado. [[Camerún]], [[Liberia]], [[Nixeria]] e [[Papúa Nova Guinea]] menciónanse a miúdo nesta categoría.
 
== Centro de Investigación das Crises dos Estados ==
 
O [[Centro de Investigación das Crises dos Estados]], ('''Crisis States Research Centre''') define un estado marrado como unha condición de estado colapsado, isto ém un estado que non pode manter a súa seguridade básica nin as súas funcións de desenvolvemento, e que non ten un control efectivo sobre o seu territorio e as súas fronteiras. Un estado marrado é aquel que non pode reproducir xa as condicións da súa propia existencia. O termo oposto a estado marrado sería '''estado perdurábel''', se ben resultaría complexo indicar por onde pasa a liña que divide estas súas definicións, posto que mesmo nun estado marrado hai algunhas institucións características dos estados que aínda existen ou funcionan, como algunhas divisións territoriais.