Emiliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: bs:Emilijan
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 2:
Emiliano foi emperador só tres meses durante o ano [[253]]. Naceu en [[Djerba]], na [[Mauritania]]. Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de [[Panonia]] e [[Moesia]]. Estivo casado con [[Gaia Cornelia Supera]] e non se sabe moito mais da súa vida persoal.
 
== A súa subida ao trono ==
 
A paz vergoñenta que acordara cos [[godos]] o emperador [[Treboniano Galo]] non sentou nada ben no seo do exercito. O rei [[Gniva]], quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, [[ostrogodos]] e [[ visigodos]], tentou de que lle subisen a súa contribución en [[ouro]], esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exercito a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e dáo vencido, volvendo os godos mais aló do Danubio. Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.