Sublimación (física): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfíxose a edición 792860 de 201.236.11.186 (disc.)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
Exemplos clásicos de sublimación preséntanos os cristais de [[ iodo]] e o [[xeo seco]].
 
== O ciclo da auga e a sublimación ==
 
Xa na antigüidade era coñecido polos gregos e os chineses, que a auga podía presentarse en tres estados: como xeo, como auga líquida e como vapor de auga.
A auga da superficie terrestre pasa como vapor á atmosfera e volve ás súas fases líquida e sólida a través de las diversas formas de precipitación. A auga pasa ó estado de vapor, no só por evaporación directa senón tamén por sublimación (paso directo da auga sólida a vapor de auga).
 
== O fenómeno da sublimación progresiva ==
 
Os sólidos teñen [[presión de vapor|presións de vapor]] características, que cambian coa temperatura como sucede cos líquidos. Aumentando a [[temperatura]], aumenta tamén a presión de vapor do sólido.
Liña 17:
O [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] en estado sólido ten un aspecto similar ó xeo (auga sólida), pero dada a gran presión de vapor que presenta a temperatura ambiente sublima, e ó non pasar pola fase líquida permanece seco, de aí o nome de xeo seco. Se o aire ten unha humidade elevada, os vapores fríos de CO<sub>2</sub> que se desprenden fan que o vapor de auga se condense formando pequenas gotas de auga ou pequenos cristais de xeo que se manteñen en suspensión no aire adquirindo o espeto de [[néboa]], fenómeno que se aplica para preparar néboas artificiais en moitos espectáculos.
 
== O fenómeno da sublimación regresiva ou inversa ==
 
É o proceso inverso ó da sublimación progresiva. Por exemplo, cando se producen vapores ó quentar cristais de iodo e logo se pon sobre eles un obxecto frío, os vapores transfórmanse novamente en cristais de iodo.