República Krajina de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 16:
En [[1989]] as concentracións políticas dos nacionalistas serbios dirixidos por [[Slobodan Milosevic]] chegaron ó cumio coa vitoria en [[1990]] dos independentistas croatas. Nese tempo, un 12,2% da poboación de Croacia definíase como serbia. E tiñan o apoio do goberno central iugoslavo controlado por [[Serbia]].
 
== A revolución dos troncos ==
 
Unha nova constitución croata postergaba o estatus dos serbios como nación dentro de Croacia á de minoría. Isto intensificou as demandas serbias de autonomía cultural e outras demandas. De feito, a nova constitución croata contradicía á constitución iugoslava. Os nacionalistas serbocroatas abandonaron o parlamento croata e constituíron un '''Consello Nacional Serbio''' en xullo de [[1990]]. [[Milan Babic]] foi elixido presidente do consello, tamén se aprobou a formación dunha milicia paramilitar baixo as rdes de [[Milan Martic]], xefe de policía de Knin. Levantáronse barricadas con troncos nas principais estradas que unen á ''Krajina'' do resto de Croacia.
Liña 28:
No territorio da Krajina os grupos paramilitarse serbios ou serbocroatas crearon segundo o Tribunal de Crimes de Guerra "unha estrutura paralela da seguridade do estado e da policía da Krajina e unidades mandadas pola seguridade do estado de Serbia". A poboación non serbia da Krajina foi expulsada do seu fogar. En dous meses, os serbocroatas controlaban un terzo de Croacia. Ata decembro de 1991, calcúlanse nuns 80.000 musulmans e croatas que sufriron a [[limpeza étnica]] serbocroata.
 
== Proclamación da república ==
 
O 19 de decembro de 1991 o Distrito Autónomo declárase República Krajina de Serbia. O [[26 de febreiro]] de [[1992]], únense á república Eslavonia occidental, o Distrito Autónomo de Eslavonia, Baranja e Srem occidental. Na súa máxima extensión, a República ocupa un área de 17.028 qm2.
Liña 42:
A comezos de [[1993]] Croacia lanza dúas ofensivas para alivia-la presión do corredor que mantén unida a parte norte do país con Dalmacia. Cascos azuis canadenses impiden que os croatas avancen máis. O goberno de Knin pide axuda a Belgrado e Milosevic envía 4.000 paramilitares, entre os que se conta a Garda Voluntaria Serbia de [[Zeljko Raznatovic]] (''Arkan'').
 
== Invasión final ==
 
A mediados de [[1995]], Croacia en dúas operacións gaña o control da república. A minoría serbocroata (150.000 a 200.000 persoas) fuxe por mor das represalias. Altos mandos das [[Forzas Armadas de Croacia]] foron acusados polo Tribunal de Crimes de Guerra pola persecución á poboación civil serbia en Croacia.