Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 4:
É un manuscrito cartáceo copiado conxuntamente co [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|Colloci-Brancuti]] por orde de [[Angelo Colocci]] no final do século XV ou ben nos primeiros anos do XVI. Está composto por 228 folios de 300 por 220 mm. numerados do 1 ao 10 e despois novamente de 1 a 200, e tamén de 18 folios sen numerar, con frecuentes lagoas. A escritura é cursiva e irregular, parece que foi feita pola man dun amanuense non profesional que empregou unha tinta especialmente corrosiva, encontramos aínda unha outra man á que debemos as rúbricas atributivas e as postilas -menos numerosas que no Cancioneiro da Biblioteca Nacional(B)- identificábel coa de Colocci. Hai indicios de que entre B e V mediou un outro manuscrito cuxa elaboración sería tamén dirixida polo humanista.
 
== Véxase tamén ==
*[[Cancioneiro de Ajuda]]
*[[Cancioneiro da Biblioteca Nacional]]
*[[Trobadorismo]]
 
== Ligazóns externas ==
*[http://www.ucm.es/BUCM/revistas/fll/0212999x/articulos/RFRM9797120515A.PDF Estudo do Cancioneiro da Biblioteca Vaticana]