Vixilio, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ceb:Papa Vigilio
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
'''Vixilio''' foi papa entre o [[29 de marzo]] do [[537]] e o [[7 de xuño]] de [[555]] [1], nun período de dificultades no territorio italiano, dadas as axitacións que abalaban o [[Imperio romano]]. Propoñeu a [[Pragmática Sanción]], emanada en realidade polo emperador [[Xustiniano]].
 
== Biografía ==
Nacido sobre o [[500]], Vixilio pertencía a unha distinguida familia romana. Seu pai, Xoán, era [[cónsul]], título que recibira do emperador. ''Reparato'', un irmán de Vixilio, era un [[senador]].
 
Vixilio foi designado como sucesor polo papa [[Bonifacio II]], mais a oposición a tal proceder levou a Bonifacio, nos anos seguintes, a retirar a sua desición de nomear un sucesor, queimando incluso o decreto que o istituía. O sucesor de Bonifacio, o papa [[Agapito I]], nomeou a Vixilio representante papal en [[Constantinopla]]. A emperatriz [[Teodora]] buscou telo como aliado, para vengar a deposición do patriarca [[Monofisimo|monofisita]] de Constantinopla, [[Antimo I]], e ademais para obter apoio nos seus esforzos a prol dos monofisitas. A emperatriz prometeu a Vixilio a Sede papal e unha grosa cantidade de diñeiro. Logo da morte de Agapito, Vixilio regresou a Roma, levando consigo cartas da corte imperial bizantina.
 
=== Deposición do papa Silverio ===
Mentres, en [[536]], fora nomeado papa, [[Silverio]], mercé a influenza do rei dos [[godos]]. Pouco despois, o xeneral bizantino [[Belisario]] meteu as súas tropas en Roma. Vixilio entregou a Belisario as cartas que lle foran entregadas en Constantinopla, que recomendaban ao mesmo Vixilio para ocupar a Sede papal, facendo así que Belisario depora a [[Silverio]] ([[537]]). Porén a deposición tiña un segundo motivo. O godo [[Vitixes]] asediaba Roma, e para os bizantinos, Silverio aparecía como demasiado proclive ao xermano, sostendo Belisario que mesmo se entendía con el. Silverio foi recluído na illa Palmataria, onde faleceu nese mesmo ano de [[537]] o día [[2 de decembro]].
 
=== Presións imperiais ===
Xustiniano aproveitaría o favor feito con o apoio concedido para pedir unha contraprestación. No [[543]] solicitou que Vixilio aprobase o ''Edito dos tres capítulos'', un documento emitido polo emperador no que condenaba certas proposicións de tres teólogos do século V (Teodoro de Mopsuestia; Teodoreto de Cyrus; Ibas), acusados de [[nestorianismo]]. Con iso o monarca bizantino pensaba contentar os monofisitas, que gozaban de grande forza na cristiandade oriental. Porén Vixilio negouse a ratificar o documento, e aínda chegou a escomungar o [[patriarca]] de Constantinopla. Mais logo en [[548]], Vixilio accedeu ao desexo de [[Xustiniano]]. Mais como a resitencia episcopal era forte en Occidente, nomeadamente entre os prelados norteafricanos, Vixilio retractouse. En resposta, convocouse un concilio en [[Bizancio]], o [[II Concilio de Constantinopla]] ([[553]]), ao que Vixilio, e a maioría dos bispos occidentais se negaron a presentarse. A asemblea tivo lugar, presidida polo patriarca contantinopolitano, e con presencia sobretodo dos prelados orientais. Os "tres capítulos" foron anatematizados consonte quería o emperador.