Mercenario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 29:
A situación provocada durante a [[Guerra de Iraq|ocupación de Iraq]] de [[2003]] amosa a dificultade en definir un mercenario. Mentres os [[Estados Unidos]] gobernaron o país, ningún cidadán estadounidense que traballara coma garda armado podía ser considerado mercenario, porque eran nacionais dunha das partes en conflito (APGC77, artigo 47.d). Cando se transferiu o poder ó goberno interino iraquí, podíase argumentar que, a non ser que declarasen estas persoas coma residentes en [[Iraq]], ó non ser residentes nin nacionais dun territorio parte no conflito (APGC77, artigo 47.d), poderían ser consideradas mercenarios. Se non tivese lugar ningún xuízo das persoas acusadas de ser mercenarios, as alegacións tenderían a se evaporar nunha espiral de acusacións, denegacións e contraacusacións. Débese ter en conta que os soldados da coalición en Iraq que apoian o goberno interino iraquí non son mercenarios, xa que todos eles forman parte das forzas armadas dunha das partes en conflito ou foron enviados por un estado que non é parte do conflito en cumprimento do seu deber coma membro das forzas armadas (APGC77, artigo 47.f).
 
== Gurkhas e lexionarios da lexión estranxeira francesa ==
 
[[Imaxe:The Nusseree Battalion.JPG|thumb|left|200px|'''Batallón ''Nusseree''''', posteriormente denominado ''1<sup>st</sup> Gurkha Rifles'', en [[1857]]]]
Liña 48:
:*[[Suíza]] prohibiu ós seus nacionais o servizo coma mercenarios en [[1927]], agás á [[Garda Suíza do Vaticano|Garda Suíza]] do [[Vaticano]].
 
== Operacións con mercenarios ==
 
Sábese do uso de mercenarios nos conflitos da antiga [[Iugoslavia]]. Moitos destes mercenarios eran ex-soldados procedentes dos países do antigo bloque do leste, desempregados trala caída da [[Unión Soviética]].
Liña 72:
== Mercenarios en África ==
 
=== Século XX ===
 
Durante o [[século XX]], os mercenarios foron usados con frecuencia nos conflitos do continente [[África|africano]]. Aconteceron varios incidentes desagradábeis durante as múltiplas guerras africanas, algúns dos cales enleaban a cidadáns europeos e americanos, homes polo xeral procuradores de fortuna, que foron enviados a situacións de combate das que non puideron sobrevivir para recibi-la súa paga.
Liña 112:
==Mercenarios na historia europea==
 
=== Mercenarios na época clásica ===
 
Durante a época clásica moitos mercenarios gregos loitaron nas guerras para o [[Imperio Persa]], por exemplo:
Liña 139:
Durante a [[Baixa Idade Media]] formáronse compañías libres, que eran realmente compañías de tropas mercenarias. As nacións-estados non posuían os recursos necesarios para manter forzas permanentes, polo que tendían a aluga-los servizos destas compañías para servir nos seus exércitos nos tempos de guerra. Este tipo de compañías tiñan a súa orixe ó final dos períodos de conflitos, cando os homes de armas xa non eran requiridos polos seus respectivos gobernos. Os soldados veteranos buscaban daquela outros xeitos de emprego, xeralmente converténdose en mercenarios. As compañías libres especializaríanse normalmente en formas de combate que requirían longos períodos de adestramento que non serían factíbeis por parte das milicias mobilizadas. A [[Compañía Branca]], comandada por Sir John Hawkwood é a máis coñecida deste tipo de compañías no [[século XIV]]. Welshman Owain Lawgoch («Owain da Man Vermella»), formou unha compañía libre e loitou para os [[Francia|franceses]] contra os [[Inglaterra|ingleses]] durante a [[Guerra dos Cen Anos]], antes de ser asasinado por un escocés de nome Jon Lamb, ás ordes da coroa inglesa en [[1378]], durante o sitio de [[Mortagne]].
 
=== Mercenarios na época moderna ===
 
Os mercenarios [[Suíza|suízos]] eran buscados durante a segunda metade do [[século XV]] por ser unha forza de combate especialmente efectiva, ata que as súas algo ríxidas formacións de batalla fixéronse vulnerábeis ós [[Arcabuz|arcabuces]] e á [[artillaría]] que se desenvolveu neste período.
Liña 160:
Existe na actualidade unha revista especializada ostensiblemente escrita para mercenarios, chamada «Soldado de Fortuna». Tamén no filme [[Casabranca (película)|Casabranca]], Rick Blaine é un antigo mercenario, aínda que se deixa intuír que elixe o bando no que loita por motivos ideolóxicos, en lugar de elixi-lo mellor postor.
 
== Ligazóns externas ==
 
*[http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=846 Mercenarios hispanos durante a Segunda Guerra Púnica] (castelán)