Hurritas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BOTarate (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ko:후르리인
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 5:
As orixes dos hurritas son mal coñecidas. Parece que se trata dun pobo orixinario das rexións situadas ao sur do [[Cáucaso]], pertencente ao mesmo grupo que os [[Urartu|urarteos]]. Aparecen na historia nos textos de [[Ebla]] no século [[-XXIV]], cando emigran cara ao sur, nas montañas situadas ao norte de [[Mesopotamia]], no [[Kurdistán]] e no [[Zagros]], onde forman pequenos reinos. Constitúen temibles adversarios para os soberanos de [[Imperio Acadio|Akkad]], e os da terceira dinastía de [[Ur]].
 
== Expansión ==
 
Durante a primeira metade do segundo milenio antes da nosa era, os hurritas se expanden na [[Siria]] do Norte (atopámolos nos arquivos de [[Mari]]). Tras a caída dos reinos [[amorritas]], convértense na etnia dominante nesta rexión e os seus reinos afrontan o expansionismo [[hitita]] no século [[-XVI]]. Poderosos reinos hurritas aparecen daquela, como [[Kizzuwatna]] (en [[Cilicia]]), pero sobre todo [[Mitanni]], que se situaba arredor do triángulo do [[Khabur]] en [[Siria]] do Norte. Este reino, dirixido orixinariamente por unha elite [[indoeuropeos|indoeuropea]], pero poboado maioritariamente por hurritas, estende o seu dominio sobre os seus veciños entre os se´culos [[-XVI]] e [[-XV]], a Siria e a [[Asiria]]. Este expansionismo faino entrontarse sucesivamente cos [[Antigo Exipto|exipcios]], despois cos [[hititas]], e finalmente cos asirios que, tras liberárense do xugo mitanio, destrúen o reino definitivamente no século [[-XIII]]. A derradeira dinastía do reino hitita, a de [[Suppiluliuma I]], é con toda probabilidade de orixe hurrita, e, con todo, contribuíu fortemente ao debilitamento do reino de Mitanni.
 
== Relixión ==
 
A relixión hurrita é moi próxima ao fondo relixioso anatolio. O seu deus principal é [[Teshub]], o deus da Tempestade, que ten como [[paredro]] a [[Hebat]], e por fillo a [[Sharruma]]. Outras divindades hurritas importantes eran [[Kushukh]], o Deus-Lúa, [[Shimegi]], o Deus-Sol, e [[Shaushka]], a deusa do Amor. O panteón hurrita comprendía igualmente a [[Hepit]], o deus do Ceo, [[Kumarbi]] (a Natureza), ou mesmo [[Astabis]] (a Guerra) e [[Ishara]] (a Escritura). A mitoloxía hurrita elaborou mitos como o ''[[Canto de Ullikumi]]'', ou a ''[[Teogonía hurrita]]'', lonxano devanceiro da ''[[Teogonía]]'' de [[Hesíodo]].