Bardaos, San Sadurniño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 6:
Na actualidade, a parroquia conta cunha poboación de 282 habitantes, ainda que os fins de semana pode ascender ata os 320 e en épocas de vacacións pode alcanzar facilmente os 350 habitantes. Esta poboación atopase distribuida en 14 núcleos poboacionais: Randulfe, Casanova, Gudín (en realidade este lugar pertence á parroquia de Lamas, pero debido á súa situación xeográfica desenvolven os seus labores nesta parroquia), Veiga, Castro, A Fraga, Sanguiñeira, Bañoca, Loibas, Pardiñeira, Leboriz e Carbeiral, Meixeiroa e por último A Corveira.
 
=== Orografía ===
==== Ríos ====
A parroquia de Santa María de Bardaos está regada polo [[Río Forcadas]], que desemboca no encoro do mesmo nome, ó seu paso pola nosa parroquia, o Forcadas alimentase de pequenos regatos como o do Porcallo duns tres kms e que nace na Fonte do Coto. Outro afluente é o da Tilleira, de lonxitude semellante ó anterior e que ve a luz no concello de [[Moeche]]. Preto da desembocadura deste último faino tamén o Rego do Cedo, este nado na Meixeiroa, cunha lonxitude de pouco máis de 1 Km., a escasos cincocentos metros, sumase ó Forcadas o cano da Tillería, este con apenas catrocentos metros ten a sua cuna na Fonte dos Cunqueiros. Logo ven o canigote do Balogueiro, con orixe na Pallota e de lonxitude moi parecida ós dous primeiros, antes de incorporarse ó Forcadas, este canigote vese reforzado polo caudal do Cano dos Xacobes de apenas un Km de lonxitude. O penúltimo en sumarse ó Forcadas é o rio da Veiga, sen dubida o máis longo e caudaloso de todos eles, a súa orixe hai que buscala nas terras do Camiño Arriba. Por último está o Cano Grande das Fontes cunha lonxitude que ronda os tres Kms.
 
Liña 17:
O primeiro que encontramos e o da Tilleira, no seu día alimentado polo canigote do mesmo nome. Este muiño pertencia a varios parceiros. O seu estado actual demanda unha restauración ó igual que o resto dos que vamos citar. O seguinte que atopamos é o Muiño de Riba, o cal, tras pasar por varios donos, pertence na actualidade a Nieves Sanjurjo. Este era un muiño bastante grande, contaba con dous muiños e unha habitación contigua na que ten habido un salón de peiteado moi apreciado. Se damos un paseo pola Área Recreativa, podemos admirar as ruinas do Muiño do Medio, que posiblemente sexa o que peor estado presente. Se continuamos dirección ó Castro, poderemos facer un alto no Muiño do Balogueiro, o cal tamén pertenceu a varios parceiros, logo está o muiño do Castro, propiedade de Vicente Canosa; este muiño forma parte da estrutura da casa e posiblemente fose o último en cesar a súa actividade. Coa chegada do progreso estes muiños foron vendo como se comezaban a instalar muiños eléctricos e eles ían quedando en desuso.
 
=== Elementos arquitectónicos ===
Ó igual que a maioría das bisbarras de Galicia, Bardaos tamén conta cun par de cruceiros. O primeiro, e de creación recente, é o do Tio Milio, este cruceiro foi encargado polo tio Milio de Casimiro para cubrir o oco deixado por outro que había anos lucira nesta encrucillada. Xa máis antigo é o situado na eira de Eliseo de Xan. Este está construido en cantería e de idade descoñecida. Tamen de cantería é o que temos na Meixeiroa, este foi colocado en sinal de dó por un crime cometido neste punto. Por último, temos o Cruceiro da Reina, este cruceiro foi recollido do olvido por Miguel Vilela, o cal o restaurou. Este cruceiro conta coa particularidade de que no seu día foi posto a modo de campo santo para aqueles nenos que morrian no parto ou ben antes de se bautizaren, xa que por aquel entón o que non tivera feito o bautismo non podia ir enterrado no cemiterio.
 
=== Accidentes Xeográficos ===
Os accidentes xeográficos máis salientábeis son os cotos da Croa, da Tillería e o Coto-agudo. O primeiro erguese na zona centro da parroquia cunha altura que apenas excede os douscentos metros, pero evidentemente o que fai chamativo este coto non é a súa altura, o interesante deste coto e que nel podemos encontrar restos dun antigo [[castro]] celta. Hai xa anos fixéranse unhas escavacións no castro e nel atoparanse distintas pezas de bronce e incluso ouro, ademais dunha infinidade de pezas de cerámica. Como se dun xemelgo se tratara, á carón da Croa erguese o coto da Tillería, ainda que este non presume de ningún tipo xacemento. O Coto-agudo é o teito de Bardaos, erguese uns 374 mts por encima do nivel do mar, na súa cima confluen tres concellos: [[San Sadurniño]], [[Valdoviño]] e [[Moeche]]. As suas vistas son inmellorables, non en van a consellaría de medio ambiente escolleu este coto para instalar nel unha torre de vixiancia de incendios forestais, outro dos atractivos deste coto hai que buscalo na caprichosa construción natural que forman unha serie de rochas a modo de gruta e que os ancians chaman A Cova do Coto.
 
Liña 26:
A principal fonte de ingresos desta parroquia hai que buscala nas pequenas explotacións gandeiras así como no sector forestal. Un dos reclamos turísticos de Bardaos hai que buscalo na pesca e na caza. Sen dúbida, a troita do Forcadas e especies como o xabarín e o corzo fan que a esta pequena parroquia se achegue xente dos máis diversos lugares.
 
== A Cofradía de San Pipote ==
A asociación deportiva cultural e recreativa por excelencia da parroquia de é [[A Cofradía de San Pipote]]
 
== Ligazóns externas ==
*[http://www.bardaos.org Páxina sobre esta parroquia]