Costa (xeografía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
A '''costa''' é o lugar onde a [[terras emerxidas|terra]] se une co [[mar]]. Ten unha paisaxe inestábel, onde ás veces a terra pode crecer debido ao depósito de [[sedimento]]s e noutros casos pode diminuír polos procesos de [[erosión]] mariña. Mais as costas tamén mudan por outros factores, como o [[clima]], a xeoloxía costeira, o vento, as ondas e as actividades humanas.
 
== A enerxía do mar ==
[[Imaxe:Ireland coast sign.jpg|thumb|Costa irlandesa]]
As [[marea]]s e correntes achegan á zona costeira parte da enerxía do [[mar]], mais as [[onda]]s son o principal factor na formación das costas, ao entregar a maior parte da enerxía que erosiona, transporta e deposita os sedimentos. As ondas que percorreron longas distancias teñen unha enerxía considerábel como modeladoras das costas.