Carlos María Isidro de Borbón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 5:
Carlos era unha persoa moi relixiosa, que cría no dereito divino da monarquía e na sucesión lexítima, polo que a pesar dos intentos dos seus partidarios de tomar as armas contra o seu irmán, sempre lle foi fiel.
 
== Pragmática Sanción ==
En maio de 1830 Fernando VII publicou a Pragmática Sanción que permitía ás mulleres suceder ao trono español, ao igual que os seus fillos. O decreto fora orixinalmente aprobado polas Cortes en [[1789]] pero nunca se promulgara oficialmente. Ata entón Carlos fora o herdeiro do seu irmán. O [[10 de outubro]] de 1830 a muller de Fernando deulle unha filla, que levou o nome de Isabel e desprazou ao seu tío da liña de sucesión.
Os apóstolicos continuaron a apoiar os dereitos de Carlos ao trono, ao considerar a Pragmática Sanción ilegal e intrigaron a favor de Carlos. En marzo de 1833 Fernando suxeriu a Carlos que se trasladase a Portugal coa súa familia.