Lingua arbëreshë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ru:Арбереши
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 2:
O '''arbëreshë''' é unha variedade lingüística da lingua albanesa, que pertence ao dialecto tosco e que fala o pobo arbëreshë no sur de [[Italia]], que emigrou dende [[Albania]]. Tamén se pode clasificar como unha lingua independente por razóns sociolingüísticas.<br>
 
== Falantes e distribución xeográfica ==
 
O arberëshë está presente en 55 concellos do sur de Italia, deles 33 en [[Cosenza]] ([[Calabria]]), habitados por 122.000 persoas, delas arredor do 70% teñen como lingua materna o arberëshë, aproximadamente uns 100.000 falantes, contando aos que viven fóra dos concellos albanofalantes.<br>
Liña 11:
Hai outros 40 concellos no que aínda que a poboación é de orixe albanés, a lingua perdeuse hai varias xeracións, neste concellos viven 182.000 persoas.
 
== Situación legal ==
O arbëreshë é unha das 12 linguas recoñecidas e protexidas pola lei nacional 482/1999 de recoñecemento das minorías.<br>
A nivel rexional o albanés goza dalgún recoñecemento nos estatutos de autonomía de Calabria, Basilicata e Molise e nalgunhas comunas as autoridades locais apoian actividades lingüísticas e teñen sinalamentos bilingües.
 
== Medios de comunicación ==
Aínda que durante a segunda metade do século XIX se crearon numerosos xornais e revistas en albanés, e mesmo o primeiro xornal en albanés editouse en Italia, as publicacións albanesas en Italia, na actualidade, teñen un carácter moi local, producidas dun xeito artesanal, con escasa profesionalización e medios e unhas poucas reciben un pequeno subsidido das autoridades locais de Calabria.
*''Katundi Ynë'' (O Noso País ) Órgano do Circolo Culturale "G. Placco" de Civita. Trimestral. É a publicación máis difundida entre os arbëreshë. Fundouse en 1970 e a súa tiraxe é de 3500 exemplares, pero só un 25% do seu contido está en arbëreshë.