Diferenzas entre revisións de «Gándaras de Budiño»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
(arranxiños)
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
Esta [[zona húmida]] formouse coa [[colmatación]] de antigas lagoas que se converteron en zonas [[pantano]]sas. O terreno afundiuse debido á aparición de varias fracturas [[tectónica]]s; a [[bacía]] encheuse con [[sedimento]]s da inundación do [[río Miño]], que deixou [[grava]]s e [[area]]s. Polo leste, o río Louro serpentea entre dous conxuntos [[granito|graníticos]], o [[Penedo Corucho]] e o [[Faro de Budiño]], este último recoberto de grandes [[cristal|cristais]] de [[cuarzo]]. Polo oeste érguese a [[Serra do Galiñeiro]], con máis de 700 m. de altitude.
 
== Arqueoloxía ==
 
Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do [[Paleolítico inferior]] en [[1961]]. O descobridor poi o francés [[Henri Noon]], que realizaba unhas investigacións [[xeomorfoloxía|xeomorfolóxicas]]. [[Emiliano Aguirre]] investigouna en [[1963]] e Henri Noon publicou os seus resultados en [[1966]], co que este foi o primeiro xacemento paleolítico de Galiza con referencias [[estratigrafía|estratigráficas]]. Tamén investigaron [[Xosé María Álvarez Blázquez]], e D. Collins nos anos 60, Mª D. Echaide nos anos 70, Vidal Encinas nos 80 e Mª L. Pérez Rodríguez e D. Cerqueiro Landín nos anos 90.
67.216

edicións