Espazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Corrixir ligazóns a homónimos: Ar
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
O '''espazo''' concíbese comunmente como o escenario onde se sitúan os obxectos físicos, e onde transcorre a realidade.
 
== Física ==
Na física, o espazo está constituído por variábeis matemáticas que caracterizan a posición de calquera obxecto nun sistema de coordenadas, baixo un principio de relatividade dado.
Liña 9:
En calquera caso, a concepción actual do espazo na física confórmase con base á [[teoría da Relatividade]] e á [[mecánica cuántica]]; e neste contexto resulta máis adecuado falar de [[espazo-tempo]] que de espazo e tempo de xeito separado, como resultaba natural facer na física clásica.
 
== Matemática ==
 
Na [[matemática]] o espazo é un [[conxunto (matemática)|conxunto]], xeralmente con algunha estrutura adicional.
Liña 15:
Na [[xeometría euclidiana]] e na [[física clásica]], o [[Espazo euclidiano]] defínese como o conxunto de posicións que se pode describir atribuíndo a cada posición tres coordenadas, respectadas dúas condicións: i) valla o [[Teorema de Pitágoras|teorema de Pitágoras]] e ii) respecte a [[Norma (matemática)|norma euclidiana]]. A [[física relativista]] considera o espazo cuatridimensional (pois considera tamén o tempo).
 
== Astronomía ==
 
Decorrente da definición matemática, a [[astronomía]] usa a palabra espazo para se referir á porción baleira do [[universo]] ([[espazo sideral]]) onde existe apenas o [[vacuo]], alén das [[atmosfera]]s dos [[planeta]]s. (Úsase o termo "espazo externo" ou "espazo sideral" para distinguilo do espazo con [[Ar (atmosférico)|ar]] e o espazo na [[Terra (planeta)|Terra]]).
 
== Filosofía ==
 
Entre as cuestións [[Filosofía|filosóficas]] relacionadas co espazo inclúense: é o espazo absoluto ou relativo? O espazo ten unha xeometría correcta, ou a xeometría espacial é puramente convencional? Algúns teóricos posicionáronse a respecto desas cuestións: para [[Isaac Newton]] o espazo é absoluto, en canto que para [[Gottfried Leibniz]] o espazo é relativo; [[Henri Poincaré]] considera que a xeometría espacial sexa apenas unha convención.
 
== Informática ==
 
Nos [[computador]]es o [[espazo de memoria]] defínese como a cantidade de células de memoria dispoñíbeis para rexistro de dados.
 
== Tipografía ==
 
Na [[tipografía]] e na [[ortografía]] o espazo é unha área en branco que separa dúas palabras.