Manuel Lugrís Freire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Manuel Lugrís Freire''' ([[Sada]], [[11 de febreiro]] de [[1863]]<ref>En Xabier Campos Villar: ''A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire'', px. 9, figura coma data de nacemento o día 12, mais trátase dun erro, xa que nese día foi bautizado, tendo nacido o anterior, coma figura nos libros parroquiais</ref> — [[A Coruña]], [[15 de febreiro]] de [[1940]]) foi un escritor e [[Galeguismo (política)|galeguista]], director ou cofundador, entre outras moitas, da [[Escola Rexional de Declamación]], da [[Real Academia Galega]], das [[Irmandades da Fala]] ou do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]].
 
== Biografía ==
 
O pai de Manuel Lugrís Freire tiña un almacén de sal no porto, pero perdeuno por problemas administrativos, polo que axiña chegaron as dificultades económicas. Así, ao rematar os estudos primarios, Manuel veuse obrigado a estudar para escribán no concello de [[Oleiros]], ata onde ía andando dende a súa casa en [[Soñeiro, Sada|Soñeiro]]. É daquela cando escribe "Nociones generales de mitología". Emigrou a [[Cuba]] aos vinte anos, chamado polo seu irmán maior Plácido, entre as guerras. Alí traballou como contable na firma Otamendi Amiel, formou parte do Centro Galego dende [[1884]] e foi o director (e fundador) do primeiro xornal americano redixido integramente en [[lingua galega]] ''[[A gaita gallega (revista)|A gaita gallega]]'' (1885-1889), tras colaborar con ''El eco de Galicia'' de [[Waldo Álvarez Ínsua]], no que a súa primeira colaboración fora un poema intitulado "Nostalxia". A declaración de principios aparece no seu artigo "O noso pensamento". N´''A gaita gallega'' colaborou durante as primeiras seis entregas pero, pelexado con [[Ramón Armada]], deixouna. Foi tamén vogal da xunta directiva do [[Centro Galego da Habana]]. En [[Cuba]] publicou ''Soidades'' (poesías prologadas por [[Curros Enríquez]]), o primeiro capítulo da novela curta ''O penedo do crime'' e ''A costureira da aldea'', obra de [[teatro]] [[costumismo|costumista]] que tamén se representou. Escribiu tamén a obriña ''De Galicia a [[Lavapiés]]'', en resposta a unha obra que pretendía ridiculizar os galegos.