Shaka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Shaka Zulu
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Shaka''' (ca. [[1787]] - [[1828]]) foi un xefe zulu, que transformou un pequeno clan nunha nación que abranguía o territorio entre os ríos [[Phongolo]] e [[Mzimkhulu]].<br>
[[Imaxe:KingShaka.jpg|thumb|Única imaxe coñecida de Shaka, datada en 1824]]
== Biografía ==
El foi o primeiro, pero ilexítimo fillo do xefe zulú [[Senzangakona]] e Nandi, filla do anterior xefe dos langeni. Desposuído polo seu pai, pasou seis anos no [[kraal]] do seu pai, constantemente ridiculizado polos seus pequenos xenitais. Despois de que se lles permitira matar unha ovella, el e a súa nai voltaron cos langeni e ao non seren benvidos foron en [[1802]] co seu tío ao clan emDletsheni dirixido directamente polo poderoso e o ancián rei [[Jobe]] de [[Mthethwa]], do que tamén dependían os zulús, ao que sucedeu o seu fillo [[Dingiswayo]], e foi xa no seu reinado cando se incorporou ao rexemento iziCwe aos 23 anos, serviu como un guerreiro durante seis anos, distinguíndonse pola súa coraxe e chegando a xeneral. Exiliado por unha tentativa fanadada de suplantar a seu pai, voltou con novas ideas sobre a organización militar, en particular o rexemento (impi) e a cadea de mando.<br>
Á morte de Senzangakona, Digiswayo axudou a Shaka a derrotar o seu irmán e asumir o liderado en [[1816]]. Shaka instituíu un sistema militar semellante ao de Dingiswayo. Substituíu o [[azagaia]] longa (asegai) por outra máis curta cunha folla máis larga (iklwa) e introduciu un escudo, máis curto, feito de pel de vaca, suprimiu as sandalias e instaurou unha férrea disciplina e un cambio nas tácticas militares, dividiu os rexementos (impi) en catro grupos que durante a batalla formaban o contorno dunha cabeza de boi, o primeiro grupo enfrontábase directamente co enimigo, os grupos segundo e terceiro rodeábao nun movemento circular, o que evitaba a fuxida do exército enimigo, e o cuarto grupo formaba a reserva. Todos os rexementos tiñan ao seu servizo un grupo de aprovisionamento formado por rapaces que aínda non estaban en idade militar.<br>