Abellón (macho da abella): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bs:Trut
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
Liña 1:
{{outroshomónimosOutroshomónimos|Abellón}}
[[Imaxe:Drone 24a.jpg|thumb|250px]]
Os '''abellóns''', '''abáboros''' ou '''abázcaros''' son as abellas machos da colmea; desenvólvense en celas máis grandes cas obreiras, de 8 milímetros de diámetro e proceden de ovos sen fecundar ([[partenoxénese]]). Nacen aos 24 días da posta, a cela operculada é facilmente recoñecible xa que sobresae por ser máis avultada que a dunha obreira. Cando se lles permite estirar panais ás obreiras sen cera estampada é factible que constrúan panais con celas propias de abellóns, nos cales a raíña depositará ovos non fecundados que darán orixe a abellóns. É importante que o apicultor non leve marcos con celas de abellóns á cámara de cría en virtude de que a reprodución destes é inversamente proporcional á produción de mel. As abellas manteñen naturalmente proporcións de abellóns elevadas, con respecto á necesaria na práctica apícola, destinada á produción de mel.