Diferenzas entre revisións de «Alcaloide»

m
BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
m (bot Modificado: sq:Alkaloidet)
m (BotMaiúsculas nas inclusións de modelos)
Chámaselles '''alcaloides''' (de [[álcali]], co sufixo ''-oide'', masculino) a aqueles [[metabolitos secundarios das prantas]] sintetizados a partires da vía do ácido shikímico, ou da vía do acetato. Os alcaloides verdadeiros derivan dun aminoácido, son polo tanto nitroxenados. Son [[Base (química)|básicos]] (excepto colchicina), e posúen acción fisiolóxica intensa nos animais aínda a baixas doses, polo que son moi empregados en medicina. Exemplos coñecidos son a [[cocaína]], a [[morfina]], a [[atropina]], a [[colchicina]], a [[quinina]], e a [[estricnina]].
 
A suas estructuras químicas son variadas<ref>Robinson T. 1981. ''The biochemistry of alkaloids''. 2ª ed. Springer, Nueva York.</ref>. Considérase que un alcaloide é, por definición, un composto químico que posúe un nitróxeno heterocíclico procedente do metabolismo de aminoácidos; de proceder doutra vía, defínese como [[pseudoalcaloide]]<ref name="azcón-bieto">{{refRef-libro | autor = Azcón-Bieto,J e Talón, M. | título = Fundamentos de Fisiología Vegetal | ano = 2000 | publicación = Mc Graw Hill Interamericana de España SAU | id = ISBN 84-486-0258-7}}</ref>.
 
Xeralmente actúan sobre o [[sistema nervioso central]], se ben algúns afectan ao [[sistema nervioso parasimpático]] e outros ao [[sistema nervioso simpático]], por exemplo, a cocaína actúa impedindo a recaptación de [[dopamina]] da terminal sináptica, o que produce un maior efecto dos receptores dopaminérxicos.
67.216

edicións