Bieito Cupeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Bieito Cupeiro''' ([[Barallobre, Fene]] [[14 de febreiro]] de [[1914]]-[[1993]]) foi un mestre e escritor [[nacionalismo galego|nacionalista galego]] que formou parte dos galegos ilustres emigrados á [[Arxentina]] que fixeron rexurdir a cultura galega nos tempos escuros que pasou [[Galiza]] na [[Guerra Civil Española]] e no [[franquismo]].
 
== A súa vida ==
'''Bieito Cupeiro''' viviu no seu pobo natal ata os 22 anos, mais no [[1936]] emigrou para a [[Arxentina]], onde o seu pai residía dende había tempo. Botaba de menos a súa terra, sentindo unha forte [[morriña]] polo clima de [[galeguidade]] ali existente. En [[1941]], decidiuse por [[Bos Aires]], onde xa se desenvolvía unha forte e intensa vida cultural. En [[1945]] comezou a vencellarse á [[Federación de Sociedades Galegas]], onde moi axiña pasou a integrar a Comisión de Cultura, que redactaba o xornal ''[[Galicia (Xornal)|Galicia]]''. En [[1947]] coñeceu a [[Castelao]], integrándose no grupo da [[Irmandade Galega]] fundado polo guieiro.
 
Foi colaborador do xornal ''A Nosa Terra'' e mentor e asesor das [[Mocidades Galeguistas]], organización da que xurdiría [[Xosé Neira Vilas]]. Director da revista ''Orzán'', tamén colaborou con ''Vieiros'', editada en México. A súa verba afervoada, a súa fogosidade, a súa patriótica vehemencia, tiveron neste loitador inclaudicábel un dos exponentes máis insignes de [[Ferrol|Ferrolterra]]. Pero a súa verdadeira dimensión, a súa verdadeira trascendencia acadouna como educador. En [[1979]], o [[Instituto da Cultura Galega]] organiza unha serie de cursos, onde durante toda a semana, e cun esforzo notábel, impartía clases de [[Historia]], [[Xeografía]], [[Arte]], [[Lingua]]... a máis de duascentas persoas que día a día enchían os salóns. En [[1983]] foi substituído, mais en [[1985]] recomezou ese labor noutra entidade, o [[Fogar de Ribadumia]].
 
== A súa obra ==
Bieito Cupeiro deixou dúas obra publicadas, ámbalas dúas en [[Edicións de Castro]], "[[Xornes]]" e "[[A Galicia de Alén-Mar]]". Na primeira delas recrea as súas vivencias nesta comarca mentres que na segunda reconstrúe a historia do [[Galeguismo (política)|galeguismo]] político na [[Arxentina]].
 
Liña 24:
-"Así pois, para min e para tódolos emigrados, o [[Día de Galiza]] é a reafirmación categórica, a reafirmación plena de que os glegos eguiremos sendo galegos onde queira que nos atopemos. Vivimos xiunguidos á nosa terra por un xeito de cordón umbilical que é a saudade e aínda que esteamos, como estou eu, a doce mil quilómetros de distancia, tódolos días eu percorro o meu Concello e tódolos días penso na miña terra porque o meu corazón, a miña alma, o meu sentimento e o meu espírito están ahí, segue estando ahí e estarán sempre alí."
 
== Ligazóns externas ==
*[http://www.galizacig.com/actualidade/200107/lp_bieito_cupeiro.htm Biografía de Bieito Cupeiro realizada por Lois Pérez Leira]