Angazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: lt:Grėblys
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 2:
 
O angazo é unha ferramenta agrícola, tamén denominada '''anciño''', '''ancazo''', '''enciño''', '''engazo''', '''rastrelo''' e '''rastra'''.
==Etimoloxía ==
[[Imaxe:Wooden rake.jpg|thumb|left|250px|Anciño tradicional de madeira, incluídos os dentes]]
Non existen datos que testemuñen con exactitude a orixe das formas galegas máis estendidas para este instrumento. Os vocábulos galegos ''angazo'' e ''engazo'', e mais as variantes correspondentes ás zonas de [[gheada]] e [[seseo]], poden ter orixe nunha suposta forma latina non rexistrada ''hamicaceus'', e que derivaría de ''hamus'' (co significado [[latín clásico|clásico]] de [[anzol]] ou gancho)<ref>J. Almeida Costa e A. Sampaio e Melo, Dicionário da Língua Portuguesa. Porto. 1979, 5ª edic.</ref>. ''Anciño'' e ''enciño'', e mais as súas variantes con seseo, puideron derivarse dunha suposta forma latina non rexistrada ''uncinus'', que sería derivada de ''uncus'' (co significado clásico de gancho)<ref>Porto Dapena, J.A., El gallego hablado en la comarca ferrolana. Verba, Anejo 9. Santiago 1977, páx. 67 infra.</ref>. Finalmente, os termos ''rastra'' e ''rastrelo'' deberon ter orixe na forma do latín clásico ''rastrum'', que se aplicaba a diversas ferramentas do traballo agrícola.
 
== Descricion ==
[[Imaxe:GrassRake.jpg|thumb|250px|left|Anciño moderno para angazar follas]]
Orixinariamente elaborado integramente en [[madeira]] e que consiste nunha travesa mangada sobre a que se insertan varios dentes (8 ou 10) algo aguzados e que serve para rastrelar e amoreirar follas, herba, palla, etc.
Liña 15:
Pode figurar tamén como motivo heráldico en [[escudo (heráldica)|escudos]] familiares.
 
== Notas ==
{{Referencias}}