Batalla de Pavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vls:Slag by Pavia (1525)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 13:
O [[25 de outubro]] do [[1524]], o propio [[rei]] Francisco cruzou os [[Alpes]] e a comezos de novembro entraba na cidade de [[Milán]]. As tropas españolas refuxiáronse na súa maioría en [[Lodi]], quedando guarnicións espalladas en prazas fortes. Nunha desas prazas fortes, chamada [[Pavía]] o xeneral Antonio de Leiva fíxose forte con dous mil españois e cinco mil [[lansquenet]]es alemáns. Axiña comezou o asedio francés.
 
== O sitio de Pavía ==
Sorprendentemente a cada arremetida a guarnición facíase máis forte. Os franceses decidiron pór sitio á cidade. Pero [[Antonio de Leiva]], veterano da [[guerra das Alpuxarras]], soubo como organizar os escasos recursos para que os muros da cidade permanecesen en pé. Mentres tanto, outras guarnicións españolas vían que o inimigo reducía o seu número para mandalo a Pavía.
 
Liña 35:
O rei de Francia e a súa escolta combatía xa de pé, intentando abrirse paso. De súpeto, Francisco cae, e ó erguerse, atópase cun [[estoque]] español no seu pescozo. Un soldado de [[infantería]], o vasco Juan de Urbieta, facíao preso. Diego Dávila, granadino, e Afonso Pita, galego, xuntáronse co seu compañeiro de armas. Non sabían a quen acababan de facer preso, pero polas vestimentas supuxeron que se trataría dun gran señor. Informaron ós seus superiores. Aquel preso era o rei de [[Francia]].
 
== A situación tras a batalla ==
Francisco I foi levado a [[España]] (era o cuñado de [[Carlos I de España|Carlos I]]), e no [[1526]], asina o [[Tratado de Madrid]]. Francia recoñecía as aspiracións imperiais nos territorios milaneses e borgoñóns.