Comarca de Valdeorras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 11:
A '''Comarca de Valdeorras''' é unha das 53 comarcas nas que oficialmente se divide Galicia. Pertencen a ela os seguintes concellos: [[O Barco de Valdeorras]], [[O Bolo]], [[Carballeda de Valdeorras]], [[Larouco]], [[Petín]], [[A Rúa]], [[Rubiá]], [[A Veiga]] e [[Vilamartín de Valdeorras]]. En total abrangue 969.2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a [[Pena Trevinca]] (2127 m)
 
== Xeografía ==
O [[río Sil]] conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, [[Serra do Eixe]], [[Serra Calva]] e [[Serra Segundeira]] atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais. O relevo montañoso do norte fórmano a [[Serra de Cereixedo]], [[Serra dos Cabalos]] e [[Serra da Enciña da Lastra]]. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del, os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o [[río Éntoma]], e o [[río Leira|Leira]], os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o [[río Casaio|Casaio]]