Diferenzas entre revisións de «Penarrubia, Baralla»

retiro texto extraído da páxina web da ligazón externa
m (Bot:Iniciais dos modelos en maiusculas)
(retiro texto extraído da páxina web da ligazón externa)
{{Galicia en progreso}}
{{Atención}}
'''Santa María de Penarrubia''' é unha parroquia do concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Baralla]].
 
A súa igrexa parroquial, atópase na actualidade nun mal estado de conservación. Inclúe un retablo [[barroco]] de 1767 e outro [[neoclásico]].
Igrexa de Penarrubia. ([[Baralla]])
 
== Ligazóns externas ==
Áchase na actualidade nun estado lamentábel de conservación. Consta do corpo da igrexa e [[torre]]. O seu conxunto externo está presidido polo equilibrio arquitectónico, que se consegue coa sucesión de volumes a varias alturas e coa disposición harmónica dos vans. No exterior, as paredes encaladas ocultaron desde hai moitos anos a [[cantería]] e a cachotaría. Actualmente, con motivo das obras de restauración do [[tellado]], descubríronse algúns dos seus [[muro]]s da capela maior e da torre.
*[http://www.xente.mundo-r.com/vdncomp/colab/colabedualv.htm ImaxesArtigo dasobre Igrexaa igrexa de Penarrubia]
 
'''Torre'''
Organízase en tres corpos: o inferior, cúbico e robusto, presenta tres accesos a ras de chan nas súas caras norte, sur e oeste, que serven de acceso a un reducido e funcional pórtico resgardado da intemperie desde o que se accede á nave central da igrexa a través dunha porta alintelda.
 
O corpo medio, de vans alintelados nas caras norte e sur e fiestras xemelgas con arcos de medio punto nas caras oeste e leste, alberga a maquinaria dun reloxo de pesas. Até hai poucos anos este corpo remataba nunha [[balaustrada]], que non se reconstruíu cando, por iniciativa dos propios veciños, se realizaron as obras necesarias por mor do seu estado ruinoso.
 
O terceiro corpo, recentemente reconstruído, remata nun chapitel de liñas arquitectonicas foráneas, coas paredes de tixolo sen recebar. Os vans leste e oeste, ambos en arco de medio punto, soportan cadansúa campá: a occidental, de maior tamaño, é a que se emprega habitualmente para convocar ao culto; a oriental, toca as horas que marca o reloxo. Na cara leste do chapitel loce a esfera horaria.
 
'''Interior'''
O interior ofrece planta de tres naves: a central, case de duplo tamaño que as laterais, está recuberta de bóveda de canón, mentres que as laterais son de aresta. Lonxitudinalmente, o lado norte consta de catro tramos separados por piares sobre os que descansan pilastras que soportan os arcos faixóns e os formeiros, rompéndose a simetría no lado sur, que consta de tres tramos. O presbiterio, elevado, solemne e cuberto no exterior a catro augas, no seu interior prolonga a bóveda de canón da nave central e o seu perímetro está unido por unha imposta corrida.
 
O [[retablo]] da capela maior é neoclásico. Nos primeiros anos da década dos sesenta foi repintado por mans totalmente inexpertas con xaspeados de mal gusto. No seu ático ofrece unha [[pintura]] dun crucificado ao óleo sobre madeira tamén lamentabelmente estragada polo mesmo pintor que coloreou o retablo. A única talla que merece algún interese é unha santa Lucía, situada sobre unha peaña enriba da porta sur que dá acceso á sancristía.
 
O retablo da nave sur é unha boa manifestación barroca. Foi pintado no ano [[1767]]. Está dourado e consérvase en bo estado malia o deterioro prolongado da teitume que veu filtrando augas e humidades desde hai moitos anos. Presenta estípites como elementos substentantes e consta dun corpo de tres fornelas e un ático. As tallas que o compoñen son de boa calidade: unha Virxe do Carme, que preside, un santo Alberte Magno, que, polo deterioro presenta o toco da súa man esquerda, e un san Franco de Siena, cabaleiro disoluto que é castigado coa cegueira polos seus pecados e que, unha vez conseguido o perdón, peregrina a [[Santiago de Compostela|Compostela]] e ingresa na orde carmelita. No sagrario hai dous gravados que representan as ánimas do purgatorio.
 
O retablo da nave norte, máis sobrio, tamén con estrutura de tres fornelas e un ático, presenta elementos [[barroco]]s mesturados con algúns indicios xa [[neoclásico]]s. Está presidido pola talla de santo Antonio. As outras imaxes son as de san Ramón e san Roque, todas elas de menor interese artístico. Lamentabelmente, á talla de San Roque fáltalle desde hai pouco tempo o cadelo que lle lambía a chaga da perna.
Na parte superior estaban as imaxes dos santos Pedro e Paulo, tamén desaparecidas. Tamén se recorda entre os veciños a existencia da talla de San Blas, actualmente en paradoiro descoñecido.
 
Nos pés da igrexa, adosada ao primeiro piar, na última arcada que separa a nave central da norte, localízase unha fermosa a pía bautismal decorada con figuras xeométricas na cunca e con figuras antropomórficas no pequeno fuste que a sostén.
Até principios dos anos sesenta do [[século XX|século pasado]] tamén existía un púlpito de pedra, situado no lado do evanxeo do presbiterio, que foi desmontado. Algunha das súas pezas aínda se poden localizar no [[adro]].
 
 
== Ligazóns externas ==
*[http://www.xente.mundo-r.com/vdncomp/colab/colabedualv.htm Imaxes da Igrexa de Penarrubia]
 
{{Lp Penarrubia}}
{{Baralla}}
[[Categoría:Baralla]]
[[Categoría:Artigos sen imaxes]]