Existencialismo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: ko:실존주의 |
|||
Liña 3:
=='''Obxecto de reflexión da filosofía existencialista'''==
A reflexión filosófica dos pensadores existencialistas arranca dun estudo da [[existencia]] humana, entendida como unha “realidade” individual peculiar e diferente do resto dos obxectos da [[natureza]]. Estes últimos, como indica Heidegger, están aí diante, á vista, podendo un observalos e reflexionar [[Obxectividade | obxectivamente]] sobre eles. Por exemplo, a árbore que está aí no meu xardín e que estou a contemplar. Os obxectos do mundo, como esta árbore, teñen unha serie de características comúns con outros obxectos similares que permiten elaborar unha [[definición]] idéntica para todos eles. Este sería, precisamente, un dos obxectivos de gran parte da filosofía tradicional, é dicir, definir o que as cousas son en función da [[esencia]] común a todos os exemplares da mesa [[especie]]. Pero a nosa existencia nunca se nos presenta como algo contemplable e exterior a nós mesmos (como, por exemplo, a árbore que está enfronte de nós), senón que, como di Marcel, é un “misterio” no que cada un está incorporado (''[[O misterio do ser]]''). A existencia [[experiencia | experimentámola]] só en primeira persoa vivíndoa. Eu experimento a miña existencia, ti a túa, etc. Existir, ademais, consiste na realización ou exercicio dun modo de [[ser]]
=='''Metodoloxía existencialista'''==
|