Corricán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m espazo e fechar referencia
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos
Liña 1:
Chámase '''corricán''' a unha [[arte (pesca)|arte de pesca]] baseado nunha serie de anzois con cadansúa liña que se arrastran pola popa do [[barco]] mentres este vai navegando, penduradas de varas colocadas a babor e estribor. Tamén se chama ''corricán'' a cada un dos [[aparello]]s. Utilízase para a pesca do [[atún]], [[bonito]], [[xarda]], etc. Os anzois poden ser cebados con [[engado]] natural ou artificial.
 
Cada liña consta dun sedal forte, xa que os peixes que se van capturar adoitan ser de gran tamaño, que remata nun aramio ou placa de [[latón]] no que se empata o anzol. Dado que os atúns son peixes que se moven en augas relativamente superficiais, o anzol vai lastrado cun [[chumbo]] lixeiro que o mantén á profundidade adecuada.
 
==Evolución do corricán==
Os barcos que se dedican a este tipo de pesca están adaptados para poder multiplica-lo número de curricáns cos que traballar. Polo interior das bordas levan uns madeiros, ''moletas'', con fendeduras nas que se colocan as canas ou ''varas'', de 13 a 17 m de longo. As varas máis próximas á proa do barco, as [[raposas]], son máis curtas, duns 4 m. Cada vara leva ó longo 3 ou 4 roldanas (''motóns''), e unhas argolas metálicas para mete-la corda ou ''liña'', de aramio. Así, de cada vara penden 3 ou 4 aparellos de lonxitude variable segundo o lugar da vara na que estean: ó do cabo chámase ''penol'' e é o máis longo (ata 60 metros), ó seguinte chámase ''segunda'', ó terceiro é a ''amura'' e o cuarto, máis próximo á borda, é o ''sanxoaniño'', o máis curto se ben chega a ter 25 metros. Ó final, a cada sedal empátanse normalmente dous anzois.
O corricán é unha variante da [[cacea]], arte de pesca que consiste en lanzar varias liñas armadas de anzois pola popa. O sistema supuxo considerables avantaxes sobre as artes de pesca de [[rede (pesca)|rede]] ou de liña estática xa que permitían desprazarse en busca dos bancos de atúns en lugar de esperar que viñesen os peixes onda o barco. Ó primeiro, empregouse en barcos de remo e vela, co esforzo que representaba estar vogando continuamente. Os primeiros cambios foron substituí-lo cebo natural polo artificial, primeiro trapos brancos e logo vermellos; outro cambio significativo foi a substitución do anzó único polo dobre (chamado pé), sistema que se empeza a empregar a mediados da década dos [[1950|50]].
{{cita|Na cacea do bonito non aparece a palabra 'chibo', senón 'pé' que é un elemento formado por dous anzois unidos e unha folla de maínzo. Esta debe se-la máis finiña, que é a que está pegada ó gran da espiga. Esta folla debe converterse en cabelos dourados e ben peiteadiños ó par do seu lazo roibo ou branco, coas correspondentes cinco ou seis brazas de aramada (hoxe tanza) con que remata-lo 'pé' (Rodríguez Vergara, 278).}}
 
==Pesca ó corricán==
No caso do corricán, as modificacións introducidas no barco permiten multiplicar considerablemente o número de liñas coas que traballar.
 
Os barcos que se dedican a este tipo de pesca están adaptados para poder multiplica-lo número de curricáns cos que traballar. Polo interior das bordas levan uns madeiros, ''moletas'', con fendeduras nas que se colocan as canas ou ''varas'', de 13 a 17 m de longo. As varas máis próximas á proa do barco, as [[raposas]], son máis curtas, duns 4 m. Cada vara leva ó longo 3 ou 4 roldanas (''motóns''), e unhas argolas metálicas para mete-la corda ou ''liña'', de aramio. Así, de cada vara penden 3 ou 4 aparellos de lonxitude variable segundo o lugar da vara na que estean: ó do cabo chámase ''penol'' e é o máis longo (ata 60 metros), ó seguinte chámase ''segunda'', ó terceiro é a ''amura'' e o cuarto, máis próximo á borda, é o ''sanxoaniño'', o máis curto se ben chega a ter 25 metros. Ó final, a cada sedal empátanse normalmente dous anzois.
 
Cando o engado é artificial consiste nunha culler protexida ou rodeada de trapos ou cordas plásticas de diferentes cores (vermello ou verde, habitualmente). Antes utilizábanse a tal fin as follas internas da mazaroca de [[millo]] (o ''cosco''<ref>Tamén chamado ''carroucha'', ''cosca'', ''folillo'', ''poma'' ou ''pubela'', e que tamén se utilizaba para enche-los colchóns.)</ref>, esfiañadas.
Liña 23 ⟶ 30:
===Bibliografía===
* FARIÑA CASTRO, Miguel: ''Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia'', CETMAR [http://www.cetmar.org/DOCUMENTACION//dyp/ArtesDePesca.pdf]
* MOUZO, Elimiano: "La flota bonitera pedirá al Gobierno que autorice la pesca con `palangre", en ''La Voz de Galicia, 11.06.2000.
* RODRÍGUEZ VERGARA, Xavier: ''Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro''. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2007.
* RAMONELL, Rosa: "Corricán", en ''Gran Enciclopedia Galega''.