Corricán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos
Liña 1:
Chámase '''corricán''' a unha [[arte (pesca)|arte de pesca]] baseado nunha serie de anzois con cadansúa liña que se arrastran pola popa do [[barco]] mentres este vai navegando, penduradas de varas colocadas a babor e estribor. Tamén se chama ''corricán'' a cada un dos aparellos[[aparello]]s. Utilízase para a pesca do [[atún]], [[bonito]], [[xarda]], etc. Os anzois poden ser cebados con [[engado]] natural ou artificial.
 
Cada liña consta dun sedal forte, xa que os peixes que se van capturar adoitan ser de gran tamaño, que remata nun aramio ou placa de [[latón]] no que se empata o anzol. Dado que os atúns son peixes que se moven en augas relativamente superficiais, o anzol vai lastrado cun [[chumbo]] que o mantén á profundidade adecuada.
 
Os barcos que se dedican a este tipo de pesca están adaptados para poder multiplica-lo número de curricáns cos que traballar. Polo interior das bordas levan uns madeiros, ''moletas'', con fendeduras nas que se colocan as canas ou ''varas'', de 13 a 17 m de longo. As varas máis próximas á proa do barco , as [[raposas]], son máis curtas, duns 4 m. Cada vara leva ó longo 3 ou 4 roldanas (''motóns''), e unhas argolas metálicas para mete-la corda ou ''liña'', de aramio. Así, de cada vara penden 3 ou 4 aparellos de lonxitude variable segundo o lugar da vara na que estean: ó do cabo chámase ''penol'' e é o máis longo (ata 60 metros), ó seguinte chámase ''segunda'', ó terceiro é a ''amura'' e o cuarto, máis próximo á borda, é o ''sanxoaniño'', o máis curto se ben chega a ter 25 metros. Ó final, a cada sedal empátanse normalmente dous anzois.
 
Cando o engado é artificial consiste nunha culler protexida ou rodeada de trapos ou cordas plásticas de diferentes cores (vermello ou verde, habitualmente). Antes utilizábanse a tal fin as follas internas da mazaroca de [[millo]] (o ''cosco''<ref>Tamén chamado ''carroucha'', ''cosca'', ''folillo'', ''poma'' ou ''pubela'', e que tamén se utilizaba para enche-los colchóns.)</ref>, esfiañadas.
 
==Pesca ó corricán==
Para face-lo lance, co barco en marcha sobre o banco de [[peixe]], van lanzándose pola popa á mar os corricáns cos seus anzois xa cebados, de tal xeito que todos van máis ou menos nunha liña perpendicular á marcha do barco. Os mariñeiros van tocando os extremos das liñas ó longo das bordas para comprobar, pola tensión que collen, se picou o peixe. Cando é así halan da liña e suben o peixe a bordo, e volven botala ó mar.
 
A pesca do atún ou do bonito faise por ''mareas'' de 5 días ou máis, durante os que van cargando as capturas nas bodegas refrixeradas. Finalmente regresan a porto, baleiran a carga e volven zarpar. O peixe capturado é transportado á lonxa, se o seu destino vai se-la venda en fresco, ou a unha fábrica de conservas.
 
A pesca ó corricán, con cebo artificial, é o sistema máis utilizado pola flota atuneira española (ó redor dos dous terzos da flota). Os atúns poden capturarse tamén con outras artes de pesca, como o cebo vivo (utilizado polo terzo restante da flota, fundamentalmente no [[País Vasco]]<ref>A pesca de atún con cebo vivo consiste en botar peixe vivo ó mar, normalmente especies de baixo prezo, como a sardiña ou o boquerón, e axita-la superficie do mar mediante chorros de auga. Os atúns achéganse a come-lo engado e entón son pescados con canas que se lanzan no mesmo espazo.>/ref>) ou por artes de [[cerco]] (sistema empregado exclusivamente na costa de [[Sudamérica]], [[océano Pacífico]] e [[Índico]]).
 
==O corricán na pesca deportiva==
O corricán non só se utiliza para a pesca profesional descrita máis arriba, senón que tamén é unha arte de pesca moi popular na [[pesca deportiva]] de altura, tanto para pescar atúns como [[peixe espada]] ou [[marraxo]]s. Neste tipo de pesca é máis habitual o uso de cebo natural ([[xurelo]]s, [[pota]]s, [[lura]]s, etc.).
 
==Notas==
{{Listaref|1}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* FARIÑA CASTRO, Miguel: ''Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia'', CETMAR [http://www.cetmar.org/DOCUMENTACION//dyp/ArtesDePesca.pdf]
* RAMONELL, Rosa: "Corricán", en ''Gran Enciclopedia Galega''.
 
===Outros artigos===
* [[Túnidos]]
* [[Arte (pesca)|Artes de pesca]]
 
===Ligazóns externas===
*
 
Para face-lo lance, co barco en marcha sobre o banco de peixe, van lanzándose pola popa á mar os corricáns cos seus anzois xa cebados, de tal xeito que todos van máis ou menos nunha liña perpendicular á marcha do barco. Os mariñeiros van tocando os extremos das liñas ó longo das bordas para comprobar, pola tensión que collen, se picou o peixe. Cando é así halan da liña e suben o peixe a bordo, e volven botala ó mar.
 
A pesca do atún ou do bonito faise por mareas de 5 días ou máis, durante os que van cargando as capturas nas bodegas refrixeradas. Finalmente regresan a porto, baleiran a carga e volven zarpar.
[[Categoría:Artes de pesca]]