Diferenzas entre revisións de «Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol»

sen resumo de edición
'''Santa Cecilia de Trasancos''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello de [[Ferrol]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 771 habitantes.
 
O primeiro documento coñecido -na actualidade- onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano 1087 e pertence á colección diplomática do próximo [[Mosteiro do Couto|mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. Durante a Idade Media e a Idade Moderna, Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcedianádego de Trasancos.
 
Sobre o río de Santa Icía -tamén chamado [[Río Freixeiro]]- se atopa a ponte chamada popularmente "romana", pero que foi obra do ano 1814. Nas cercanías está o chamado Muiño dos Amenadás -xa no concello de Narón-, cuxa primeira construción data do ano 1813.
<gallery>
Imaxe:Igrexa nova de Sta. Cecilia de Trasancos.JPG
</gallery>
 
 
15.153

edicións