El Pueblo Gallego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
directores
Xas (conversa | contribucións)
m Alonso Ríos tamén foi asiduo colaborador
Liña 8:
Nesta primeira etapa ten unha orientación liberal aberta ao galeguismo e ao progresismo. O xornal acolleu ás máis prestixiosas plumas do galeguismo e o republicanismo: [[Ánxel Sevillano]], [[Roberto Blanco Torres]] e [[Evaristo Correa Calderón]] foron redactores xefes. [[Gerardo Álvarez Gallego]], [[Felipe Fernández Armesto]], [[Xoán Xesús González]], [[Luís Amado Carballo]] e [[Ánxel Fole]] tamén foron redactores. [[Carlos Maside]] era o director artístico, acompañado de ilustradores como [[Manuel Torres]] e [[Álvaro Cebreiro]].
 
Colaboradores destacados foron [[Johán Carballeira]] (que se iniciou como correspondente do xornal en [[Bueu]]), [[Avelino López Otero]] (correspondente na [[Coruña]]), [[Antón Vilar Ponte]], [[Juan Antonio Suárez Picallo]], [[Víctor Casas]], [[Antón Alonso Ríos]], [[Valentín Paz-Andrade]], [[Alexandre Bóveda]], [[Rafael Dieste]], [[Otero Pedrayo]], [[Florentino López Cuevillas]], [[Vicente Risco]], [[Castelao]], [[Cándido Fernández Mazas]], [[Álvaro Cunqueiro]], [[Xosé Núñez Búa]] e [[Xesús Golmar]]. Tamén asinaron artigos [[Eugenio Montes]], [[Azorín]], [[Jorge Luis Borges]] ou [[Ramón Pérez de Ayala]].
 
Nos seus mellores momentos '''El Pueblo Gallego''' acadou tiradas arredor dos 30.000 exemplares, creando un novo modelo de xornalismo crítico que non tivo parangón na Galiza da época.