Federación Galega de Municipios e Provincias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
O día [[4 decembro]] de [[2003]], o alcalde de [[Ourense]] foi substituído como presidente da Fegamp polo alcalde de [[Lalín]], [[Xosé Crespo Iglesias]], durante a celebración da VI Asemblea Xeral, na que se definiron os obxectivos concretos para o horizonte dos vindeiros catro anos, sendo a máxima aspiración dos concellos galegos para este mandato o peche do denominado Pacto Local.
 
Na VII asemblea resultou elixido como novo presidente o alcalde de [[Ames]], [[Carlos Antonio Fernández Castro]] que se caracterizou ó principio do seu mandato pola confrontación co [[BNG]]<ref>http://xornalgalicia.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=33689</ref>.
 
O funcionamento da Fegamp como entidade defensora dos intereses da Administración Local galega aséntase nos seguintes principios xerais: o fomento e a defensa da autonomía das Entidades Locais; a promoción, representación e defensa dos intereses da Administración Local diante doutras administracións públicas; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito municipal; a reivindicación ante os correspondentes poderes públicos -cando o estime oportuno- de novas cotas competenciais para as Entidades Locais; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e a consolidación do espírito europeo no ámbito local, baseado na autonomía e a solidariedade entre os Entes Locais; a defensa xudicial dos intereses da Administración Local -se fose o caso- e as actuacións necesarias diante do Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local; e calquera outra acción que afecte ou incida de forma directa ou indirecta nos seus asociados ou na propia federación.