Partido Obrero de Unificación Marxista: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
m bot Modificado: ru:Рабочая партия марксистского единства |
||
Liña 1:
[[Imaxe:CartelPOUM.jpg|thumb|Cartel do POUM editado ao comezo da Guerra Civil, obra de [[Carles Fontserè]].]]
O '''Partido Obrero de Unificación Marxista''' (POUM) foi un partido marxista español de carácter revolucionario, influído polo [[Trotskismo|trotskismo]] e de carácter antiestalinista, fundado en [[1935]].
O POUM naceu en [[Barcelona]] o [[29 de setembro]] de [[1935]] resultado da unificación da [[Izquierda Comunista de España]] co [[Bloc Obrer i Camperol]]. A ICE era un partido de orixe trotskista que rompera con Trotski antes de 1935 opostos ás consignas de Trotski de realizar entrismo no [[PSOE]] para apoiar á súa facción esquerdista, fora fundado por [[Andreu Nin]] e por [[Juan Andrade]]. O BOC era un partido comunista implantado sobre todo en Cataluña. O seu máximo dirixente era [[Joaquín Maurín]], quen fora o dirixente da [[Federación Comunista Catalano-Balear]], unha federación territorial escindida do [[PCE]].
Malia a diferenza numérica de militantes entre os dous partidos (uns 500 da ICE fronte a 5.000 do BOC), a fusión no POUM foi en igualdade de condicións entre ambos os dous. Nin e Maurín pasaron a ser os dous grandes líderes do POUM, que tiña grazas aos antigos militantes do BOC a súa maior implantación en [[Cataluña]] e [[Valencia]], unha certa presenza en Madrid e unha presenza testemuñal noutras partes de España. A súa heterodoxia dentro do [[comunismo]] fíxolles quedar marxinados e inimizados cunha [[Komintern]] disciplinada no compromiso coa [[URSS]].
Tralas xornadas de maio de 1937, no que o POUM se aliñou cos [[Anarquismo|anarquistas]] da [[CNT]], os comunistas esixiron a ilegalización do POUM, despois da chegada de [[Juan Negrín]] á presidencia do goberno detívose aos seus dirixentes, Nin foi secuestrado e morreu en prisión e a estrutura do partido pasou á clandestinidade e tras a vitoria do réxime de Franco ao exilio.
[[Categoría:Partidos políticos de Galicia]]▼
== Ver tamén ==
*[[Partido Obrero de Unificación Marxista en Galicia]]
[[ast:POUM]]
[[bg:РПМО]]
[[ca:Partit Obrer d'Unificació Marxista]]
[[de:Partido Obrero de Unificación Marxista]]
[[en:Workers' Party of Marxist Unification]]
[[eo:POUM]]
[[es:Partido Obrero de Unificación Marxista]]
[[et:Ühinenud Marksistlik Töölispartei]]
[[eu:POUM]]
[[fr:Parti ouvrier d'unification marxiste]]
[[ga:POUM]]
[[hu:Egyesült Marxista Munkáspárt]]
[[it:Partido Obrero de Unificación Marxista]]
[[nl:Partido Obrero de Unificación Marxista]]
[[nn:Partido Obrero de Unificación Marxista]]
[[no:Partido Obrero de Unificación Marxista]]
[[pl:Robotnicza Partia Marksistowskiej Unifikacji]]
[[pt:POUM]]
[[ru:Рабочая партия марксистского единства]]
[[sv:POUM]]
|