Atún de aleta amarela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos
Liña 4:
 
==Descrición==
[[Imaxe:Thalb u0.gif|thumb|300px|Atún de aleta amarela <ref>Debuxo de Robbie N. Cada (FishBase).</ref>]]
Trátase dunha especie cunha morfoloxía semellante á dos outros túnidos, máis estilizado co [[atún vermello]] ou co [[patudo]]. Caracterízase pola lonxitude da segunda aleta dorsal e da aleta anal, moito máis longas que nas outras especies; estas aletas son de cor amarela brillante e a esta cor débelle o nome esta especie. As aletas pectorais son de tamaño medio: alcanzan o nacemento da segunda dorsal pero non chegan a supera-la súa base. As pínnulas son de cor amarelo limón, co bordo negro.
 
Mostra no dorso, de cor azul escuro, metálico, unhas bandas laterais amareladas. Os lados, por baixo da liña lateral, e o ventre son de cor gris prateado, con raias case verticais finas ou puntos formando fileiras. Estes debuxos son máis evidentes nos exemplares novos.
 
Alcanza unhas dimensións de 2 metros (cun máximo rexistrado de 239 cm), sendo máis habituais tallas desde os 40 cm ata 1,5 m. O peso máximo rexistrado foi de 200 kg.
Liña 20 ⟶ 21:
Considérase un único stock que se despraza por todo o [[Atlántico]]: os exemplarees novos nacidos na Guinea migran ás costas [[América|americanas]] para regresar a desovar a [[África]] ó alcanzaren a madurez sexual.
 
O mesmo que acontece co [[atún listado]], asóciase con frecuencia a bancos de peixes superficiais ou calquera obxecto flotante, o que aproveitan os barcos do cerco para a súa pesca (no [[Atlántico]] e no [[Índico]]). En Galicia non é obxecto de pesca, pero captúrase accidentalmente nos [[palangre]]s dispostos para o [[peixe espada]].
 
Consúmese principalmente en [[conserva]], pero tamén en fresco ou afumado. Resulta moi valorado para elaborar [[sashimi]].
 
==Notas==
{{Listaref|1}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* Comité Permanente de Investigacións e Estatísticas da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA) (sen data): ''Glosario de términos pesqueros'' [http://iccat.es].
* MARCH, Lourdes (1993): ''La cesta de la compra''. Alianza Editorial, Madrid.
* MUUS, B.J. e DAHLSTRÖM, P. (1981): ''Guía de los peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo''. Ediciones Omega S.A., Barcelona.
* ZUDAIRE, Maite e YOLDI, Gema (2005): ''Pescados y mariscos''. Eroski Publicaciones, Elorrio (Biscaia).
 
 
===Outros artigos===
*
 
===Ligazóns externas===
* [http://www.fishbase.org/Summary/speciesSummary.php?ID=143&genusname=Thunnus&speciesname=albacares Ficha técnica ''Thunnus albacares'' (FishBase)]