Disturbed: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Nova páxina: {{Enuso}} {{Grupo musical |nome = Disturbed |imaxe = 300px |período = 1996 - actualidade |orixe = Chicago, Illinois |país = {{USA}} |xénero = [...
 
Banjo (conversa | contribucións)
+ historia, traído e adaptado de es:Disturbed
Liña 11:
|web = [http://www.disturbed1.com www.disturbed1.com]
}}
'''Disturbed''' é un grupo musical de [[nu metal]], formado en [[1996]] en [[Chicago]], [[Illinois]]. Vendeu máis de 10 millóns de copias no mundo enteiro.
 
==Historia==
O grupo formouse cando [[David Draiman]] respondeu a un anuncio de procura dun cantante feito polos membros de grupo. Draiman, quen en pouco tempo transformaríase no lider do grupo, crecera nunha familia extremadamente relixiosa contra a que se rebelou na súa adolescencia, amosando no contido das letras das cancións a negación da benevolencia dun ser superior.
 
A banda gravou dous [[EP]]s nos seus primeiros anos, enviados a distintas discografías. Tiveron un éxito notable có seu single "Stupify" no ano [[2000]] e seguidamente có álbum ''[[The Sickness]]'', produción que finalmente os lanzou ao éxito. Un ano máis tarde participaron no [[Ozzfest]] tour [[2001]], iniciando logo o "Music as a Weapon" Tour, por [[Estados Unidos]] e [[Europa]].
 
En [[outubro]] do [[2002]], o seu segundo álbum [[Believe]] chegou ao número 1 das listas de éxitos estadounidenses, o que levou á banda a participar novamente no Ozzfest tour do [[2003]].
 
Fixeron unha xira con [[10 Years]] e [[Ill Niño]] presentando o seu terceiro álbum [[Ten Thousand Fists]], lanzado mundialmente o [[20 de setembro]] de [[2005]]. O Album debutou no número 1 en Estados Unidos. Ademais de ''Ten Thousand Fists'' o grupo lanzou os sinxelos ''Hell'' e ''Monster''. [[Electronic Arts]] utilizou a canción "Decadence" deste álbum para o seu videoxogo [[Need for Speed: Most Wanted]].
 
Entre o 2005 e o [[2006]] o grupo aprazou dúas veces unha xira europea debido a problemas de voz de David Draiman. ([[Jägermeister]] tour en novembro do 2005 e "Music as a Weapon III" a comezos do 2006).
 
O seu single "Stricken" foi o tema central do evento de loita libre "[[WWE]] New Years Revolution" [[2006]]. En [[2008]] saíu á venda o seu último álbum ''[[Indestructible]]'', producido por eles mesmos.