Diferenzas entre revisións de «Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista»

m
sen resumo de edición
m
'''O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista''' ('''PNG'''-'''PG''') é un partido nacionalista centrista-liberal integrado no [[BNG]], proveniente da descomposición de [[Coalición Galega]]. Tiña 132 militantes en [[2002]], aínda que chegou a contar con máis de 500 pouco despois súa fundación. [[Xosé Henrique Rodríguez Peña]] foi o seu Secretario Xeral ata a súa morte en {[[agosto]] de [[2006]] e o seu único deputado no [[Parlamento galegogaleg]]o, actualmente o seu secretario xeral provisorio é [[Iago Tabarés]] ata que se celebre o próximo congreso do partido. O partido contaba con catro representantes no Consello Nacional do BNG.<br>
Fundado en xaneiro de [[1987]] como Partido Nacionalista Galego (PNG) cando un sector de Coalición Galega liderado por [[Pablo González Mariñas]] e Xosé Henrique Rodríguez Peña promove unha organización máis progresista e nacionalista, en total conta con 5 deputados no [[Parlamento de Galicia]]. Posteriormente unéselle o pequeno [[Partigo Galeguista Nacionalista]] dando lugar ao PNG-PG. En setembro de [[1987]] o PNG-PG apoiou a moción de censura contra o goberno de [[Xerardo Fernández Albor]] e entra no goberno de [[Fernando González Laxe]] facéndose con dúas consellerías, a de Presidencia para González Mariñas e Pesca para Rodríguez Peña, pouco despois dous dos seus deputados, [[Carlos Mella]] e [[Luís Cordeiro]] deixaron o partido. Tralos malos resultados das eleccións autonómicas de [[1989]] o PNG-PG intégrase no [[BNG]].
 
419

edicións