Acción Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo lig
arranxo lig
Liña 12:
En agosto de 1912 aparece o ''"Manifesto de Ourense"'', onde a Liga de Acción Gallega se compromete nunha campaña de mitins, de carácter agrario e societario, a recoller as aspiracións do campesiñado e facerllas chegar ao Goberno. O programa de mitins, dunha radicalidade verbal sen precedentes nas terras galegas, iniciouse no [[Carballiño]], continuou en [[Ribadavia]], [[Gondomar]], [[Ourense]], [[Bande]], [[A Estrada]], etc. As terras pontevedresas e ourensás na súa meirande parte escoitaron ese ton, abertamente rebelde e ata revolucionario dos oradores de Acción Gallega, e especialmente de Basilio Álvarez, que fixo que en Madrid temesen coa posibilidade dun estalido revolucionario en Galiza. Poetas como [[Ramón Cabanillas]] e [[Noriega Varela]] puxeron versos, e en galego, das imaxes de Basilio Álvarez, cantando á revolución inminente.
 
Inicialmente, a publicación ''[[Acción Gallega, (revista)|Acción Gallega]]'' foi o portavoz escrito deste radicalizado movemento agrarista. Pero por mor de dificultades, no período máis acedo da campaña, contou Acción Gallega cun diario, ''[[El Heraldo Gallego]]'', editado en Ourense.
 
A repercusión que o movemento tivo en toda Galiza é difícil de saber. Algúns xornais, aínda que excepcionalmente, abríronse aos propagandistas: ''[[Heraldo de Vigo]]'' e ''[[Galicia Nueva]]'' de [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]], por exemplo. Mais a actitude normal foi negación absoluta ante a radicalidade do movemento, que non respectaba representacións nin poderes, pois sumía áreas enteiras na máis expresiva axitación. Por esta importancia, polo prestixio de Basilio Álvarez en círculos de prensa en [[Madrid]], a campaña de Acción Gallega alcanza extraordinaria resonancia en todo o [[España|Estado Español]].