Diferenzas entre revisións de «Acción Gallega»

corrixo iws; mudo "xornal" x "publicación" porque no artigo propio non indica que se editase a diario
(corrixo iws; mudo "xornal" x "publicación" porque no artigo propio non indica que se editase a diario)
'''Acción Gallega''' (ou ''Acción Galega'') foi o nome dun dos mais importantes movementos agrarios e anticaciquís na [[Galiza]] do [[século XX]]. De carácter decididamente antiforal, redencionista, na súa primeira formulación, constituíu a variante radical do [[agrarismo]] galego na década de 1910.
==Inicios==
A súa orixe sitúase no axitado ano de [[1909]]. Nese ano, un grupo de políticos, intelectuais e periodistas galegos residentes en [[Madrid]] reuníanse, día tras día: Eran [[Basilio Álvarez]], [[Alfredo Vicenti]], [[Manuel Portela Valladares]], [[Enrique Peinador]], [[Luís Antón del Olmet]], [[Prudencio Canitrot]], [[Alfonso Alcalá Martín]], [[Ricardo Vilariño]], [[Rafael Carvajal]], [[Cánovas Cervantes]], [[Eloy Páramo]], etc. O tema de discusión constante era o das loitas agrarias en Galiza; concretamente o da liberación do campesiño e, máis en xeral, do país galego. Acción Gallega concibiuse como movemento no contexto destes homes e destas preocupacións. O [[15 de xaneiro]] de [[1910]] o movemento daba o primeiro sinal público de existencia, coa aparición da revista ''[[revistaAcción Gallega, revista|Acción Gallega]]'', subtitulada ''Revista Quincenal. Defensora de los intereses regionales'', de extraordinario interese, na que o estilo inconfundíbel de Basilio Álvarez quedaba claramente reflectido. A parte desta campaña periodística, iníciase tamén un programa de mitins e de accións de diverso carácter. Acción Gallega enlaza coas sociedades de labregos de [[Ribadeo]], [[Riotorto]], [[A Fonsagrada]], [[Becerreá]], etc.
 
==Actividade==
En agosto de 1912 aparece o ''"Manifesto de Ourense"'', onde a Liga de Acción Gallega se compromete nunha campaña de mitins, de carácter agrario e societario, a recoller as aspiracións do campesiñado e facerllas chegar ao Goberno. O programa de mitins, dunha radicalidade verbal sen precedentes nas terras galegas, iniciouse no [[Carballiño]], continuou en [[Ribadavia]], [[Gondomar]], [[Ourense]], [[Bande]], [[A Estrada]], etc. As terras pontevedresas e ourensás na súa meirande parte escoitaron ese ton, abertamente rebelde e ata revolucionario dos oradores de Acción Gallega, e especialmente de Basilio Álvarez, que fixo que en Madrid temesen coa posibilidade dun estalido revolucionario en Galiza. Poetas como [[Ramón Cabanillas]] e [[Noriega Varela]] puxeron versos, e en galego, das imaxes de Basilio Álvarez, cantando á revolución inminente.
 
Inicialmente, oa xornalpublicación ''[[revista Acción Gallega, revista|Acción Gallega]]'' foi o portavoz escrito deste radicalizado movemento agrarista. Pero por mor de dificultades, no período máis acedo da campaña, contou Acción Gallega cun diario, ''[[El Heraldo Gallego]]'', editado en Ourense.
 
A repercusión que o movemento tivo en toda Galiza é difícil de saber. Algúns xornais, aínda que excepcionalmente, abríronse aos propagandistas: ''[[Heraldo de Vigo]]'' e ''[[Galicia Nueva]]'' de [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]], por exemplo. Mais a actitude normal foi negación absoluta ante a radicalidade do movemento, que non respectaba representacións nin poderes, pois sumía áreas enteiras na máis expresiva axitación. Por esta importancia, polo prestixio de Basilio Álvarez en círculos de prensa en [[Madrid]], a campaña de Acción Gallega alcanza extraordinaria resonancia en todo o [[España|Estado Español]].