Asemblea Nacional-Popular Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''Asemblea Nacional-Popular Galega''' ('''AN-PG''') foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en [[1975]]. Os seus principios eran a [[autodeterminación]], o [[autogoberno]], o [[anticolonialismo]], a [[democracia]] e o protagonismo das forzas políticas propias de [[Galiza]] e que tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisoiro tras conseguir o poder. Tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era a AN-PG quen convocaba as manifestacións do [[25 de xullo]]. Celebrou o seu I Plenario en abril de 1976 que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á UPG, ese sector constituiu a [[Asemblea Popular Galega]]. No seu III plenario celebrado en outubro de 1977 aprobou os seus estatutos na que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaria colexida, na que [[Lois Diéguez]] exercía como portavoz. Logo das eleccións municipais 1979 a AN-PG sufriu unha restruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En 1981 sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en [[1982]], dando paso á formación do [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG).
 
A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que [[Galicia]] era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituiu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como [[Darío Xohán Cabana]], [[Manuel María]], [[Emiliano Picouto]] ou [[Xesús Vázquez]].