Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 122:
 
==Historia==
A presenza [[Roma Antiga|romana]] pódese constatar nos pedregais [[ouro|auríferos]] consecuencia dos traballos da extracción de ouro. O termo municipal de Abadín formou parte dunha xurisdición na que estaban o señoríos de Baroncelle, Costa da Monte e Vilarente. Coma outras terras do bispado [[mindoniense]], vencéllase historicamente á chegada dos britanicos insulares nos seculos V e VI, como data a sinatura do Bispo [[Mailoc]] deda [[Diocese de Britonia]] no Concilio de Braga no 572.
Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de [[Afonso VII]], do "Castrum Baroncelli" do ano [[1132]]. O que posiblemente motive que no ano [[1207]], Romeo, abade de [[Lourenzá]], lle dese permiso a dez veciños para explotar o territorio de Choi en Romariz. Pero consta que xa existe un documento dos monxes de [[Meira]] con data do 3 de decembro de [[1254]], no que o abade [[Hemerico]] dá carta de poboación á Granxa de Vilarente en favor dos seus 54 veciños e sinalando os tributos que tiñan que pagar, elixindo en concello sete veciños e, entre eles, o abade escollería un para alcalde.