Festina lente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo artigo
 
algúns erros
Liña 1:
'''''Festina lente''''' é unha [[novela histórica]] do escritor [[Marcos S. Calveiro]], publicada en [[2008]].
 
A novela conta a vida de Ambrosio Cavaleiro, un encadernador nado en [[San Cosme de Nogueirosa, Pontedeume|San Cosme de Nogueirosa]], que desenvolveu toda a súa vida profesional na [[Santiago de Compostela|Compostela]] que cruza do [[século XVI]] ao [[século XVII]]. A novela é tamén un retrato da vida cultural da cidade naquel tempo: artesáns de [[acibeche]], impresores, o [[desastre da Armada Invencible]], a [[Inquisición]], etc.
 
==Orixe do título==
Liña 8:
==Personaxes principais==
{{spoiler}}
* Ambrosio Cavaleiro. Nado en [[San Cosme de Nogueirosa, Pontedeume|San Cosme de Nogueirosa]] en[[1568]] e falecido en Compostela en [[1627]]. Foi aprendiz no obradoiro de encadernación de Ubaldo Luaces e logo da morte deste, titular do obradoiro. Tamén coñecido nalgúns capítulos como Lucas de Pruzos, dedicado baixo esta forma a recoller libros raros e tesouros bibliográficos.
* Ubaldo Luaces. Propietario do obradoiro de encadernación onde entra a traballar Ambrosio Cavaleiro. Falece en [[1591]] e déixalle o obradoiro a Cavaleiro.
* [[Gaspar de Arce]], chamado o Vello. Personaxe real. Arquitecto [[santander]]ino que traballa como mestre de obras da [[catedral de Santiago de Compostela]]. Chegara a Galicia en [[1571]], da man do seu curmán o [[diocese de Lugo|bispo de Lugo]] [[Fernando Velosillo]], e logo de traballar na construción da Torre das Campás da [[catedral de Lugo]], mudouse a Santiago para construír o [[Hospital de San Roque]], baixo a protección do [[arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo]] [[Francisco Blanco Salcedo]]. Na ficción, morre asasinado en [[Cangas]] en [[1617]].
Liña 21:
O códice pertence a unha confraría de canteiros, e dúas faccións desa confraría andan na súa desputa. Unha delas, da que coñecemos a Gaspar de Arce, consegue o códice en Lugo, pero logo é asasinado o portador en Noia. Alí o atopa Gaspar de Arce, que o conserva toda a vida, se ben o deixa gardado no obradoiro de encadernación de Ubaldo Luaces, primeiro, e logo no de Ambrosio Cavaleiro. A outra facción, formada polos arquitectos portugueses Mateu Lopes, Francisco González Araúxo e o seu irmán Bieito González Araúxo, tentarán recuperar o códice en van, deixando varias mortes ao seu paso, entre elas a do propio Gaspar de Arce.
 
O códice queda no obradoiro de Ambrosio, que llo entrega nos seus últimos anos a un impresor compostelán, neto de canteiros, que emigra a América. No último capítulo, un indíxena centroamericano atopa o códice nun cadáver e marcha correndo con el. O documento está escrito nano [[falaverbo dos arxinas]].
 
==Realidade e ficción==
Liña 28:
Os espazos narrados describen a Compostela do século XVI, e as súas rúas entre murallas. A rúa de Armada, onde se situaba o obradoiro de encadernación de Cavaleiro, está agora desaparecida, e moitos outros lugares da cidade mudaron de nome con respecto á época actual.
 
Un dos elementos importantes na novela é ao [[falaverbo dos arxinas]], código gremial que empregaban os canteiros galegos.
 
==Notas==