José Luis Pensado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''José Luís Pensado Tomé''' (1924-2000) foi un filólogo e lingüísta [[Galicia|galego]], que, entre outros aspectos, dedicou parte da súa á edición da obra do ilustrado frei [[Martín Sarmiento]]. Foi membro de número da [[Real Academia Galega]], correspondente da [[Real Academia Española]] e membro de honra da [[Academia de la LLínguaLLingua Asturiana]].
 
==Biografía==
Liña 6:
Tres anos despois accedeu á cátedra da súa especialidade na Facultade de Filosofía e Letras da [[Universidade de Oviedo]], na que exerceu até 1963, ano no que accedeu á mesma cátedra na Facultade de Filosofía e Letras da [[Universidade de Salamanca]], na que exercería até o seu falecemento, nesa cidade a [[15 de decembro]] de [[2000]].
 
Era membro correspondente da [[Real Academia Galega]] desde [[1967]] e académico de honra da mesma desde [[1984]]; con a mesmo rango o era da [[Academia de la LlínguaLlingua Asturiana]] desde [[1982]].
 
==O labor investigador de Pensado Tomé==
A finais dos anos da década de 1960, o profesor Pensado coñecedor das dimensións e da súa importancia para coñecer a historia da língua galega da obra do monxe beneditino galego [[Martín Sarmiento]] (1694-1772), na súa maior parte inédita ou mal editada, emprendeu a pesada tarefa de editala debidamente, consonte os requisitos da moderna crítica filolóxica, confrontando as diversas variantes manuscritas e impresas, anotándoas e iluminándoas con rigorosas introducións, que ordinariamente constitúen de por si fermosos libros. Paralelamente, o Dr. Pensado Tomé encontrouse con a non tan brillante obra lingüística doutro ilustrado galego, frei [[José Sobreira Salgado]] (1746-1805), máis tamén importante para a historia do galego dos séculos escuros. Ambas obras ficaban accesíbeles en adiante a estudosos e afeizoados interesados en coñecela, ademais de que parte dos escritos de Sarmiento constitúen extraordinarios exemplos do pensamento ilustrado galego en particular e español en xeral. Ese interese do prof. Pensado, mostrado xa desde anos antes, levouno a dar ao prelo diversos vocabularios do prerrenacemento galego, como o do [[bachiller Olea]] ([[1536]]) e algúns anónimos de comezos do [[século XIX]].
 
Pensado Tomé estendera o seu saber a outros campos, editando diversas obras galegas, senlleiras, do período medieval, ou investigando sobre o asturiano-leonés. O seu coñecemento do conxunto da historia do galego, levouno a dar unha crítica profunda da transmisión do léxico galego a través do comentario da edición do primeiro dicionario da língua galega: "Contribución a la crítica de la lexicografía galega, I" ([[1976]]), no que desvelaba a desfeita na edición do dicionario do bibliotecario [[Francisco Javier Rodríguez Gil]], que falecido este era directa responsabilidade de [[Francisco María de la Iglesia]], que o deu a coñecer en [[1863]]. Aínda que Pensado prometía análises similares para os dicionarios de [[Juan Cuveiro Piñol|Cuveiro]] (1876) e [[Marcial Valladares Núñez|Valladares]] (1884), o absorbente labor que supuña a edición da obra de Sarmiento e as ramificacións que aparellaba, impedíronlle cumprir a súa promesa.
 
Pódese dicer que o conxunto da obra de Pensado Tomé é imprescindíbel para un adecuado coñecemento filolóxico do galego, que contribuíu, con outros, a elevar ao rango de recoñecemento que na actualidade ostenta dentro da Romanística.
 
== Publicacións (selección) ==
Liña 60:
 
==Véxase tamén==
* [[Martín Sarmiento]]
* [[Geada]]
 
 
[[Categoría:Personalidades da lingüística|Pensado Tomé, José Luís]]