Unicameralidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Traduzo de es:Unicameral
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2008 ás 10:45

A Unicameralidade é a práctica de ter un parlamento ou congreso composto dunha soa cámara. Usualmente os países con asembleas unicamerais son pequenos e homoxéneos e consideran unha Cámara alta como innecesaria.

Mapa dos Estados con parlamento ou congreso unicameral (en laranxa)

Os unicameralistas sinalan que unha cámara alta non ten sentido nunha democracia senón que simplemente adícase a duplicar a participación existente na cámara baixa. Argumentan que as funcións dunha cámara alta, tales como revisar un proxecto de lei aprobado, poden ser levadas adiante por parte de comisións parlamentarias.

En moitas situacións, estes Estados tiveron unha segunda cámara e logo abolírona. Isto pódese deber a que a segunda cámara obstruía o paso da lexislación ou por que se probou que non tiña efecto algún.

Ocasionalmente o termo unicameral emprégano os países que optaron por un sistema bicameral, para designar a unha iniciativa, unha votación, ou un acontecemento, que se dá en só unha das cámaras que compón o poder lexislativo.

Véxase tamén