Arco de Triunfo de Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ca:Arc de Triomf de Barcelona
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2008 ás 00:14

O Arc de Triunfo de Barcelona é un monumento desa cidade que se ergue na confluencia do paseo de Lluís Companys e o paseo de Sant Joan. Foi construído con motivo da Exposición Universal de 1888 e era a portada de acceso ao recinto feiral. É obra do arquitecto Josep Vilaseca i Casanovas.

O Arco de Triunfo visto desde o paseo de Lluís Companys

Características

Trátase dunha construcción vermelliza de ladrillo vista de estilo neomudèxar, moi de moda na época. Destacan os seus relevos escultóricos da parte superior: o friso da fachada principal, a que da ao paseo de Sant Joan, contén a escultura "Barcelona rep les nacions" (Barcelona reciba as nacións) de Josep Reynés; o da fachada posterior representa "Recompensa", e é unha obra primeriza de Josep Llimona, que figura o libramento de galardóns aos participantes na 'Exposición. Os frisos laterais inclúen alegorías da Agricultura e a Indústria, obra de Antoni Vilanova, e máis do Comerio e a Arte, de Torquat Tassó.

A decoración complétase cunha serie de esculturas, como o escudo de España na cimeira e máis os escudos das diversas provincias españolas arredor do arco en cadansúa das fachadas.

Detalles dos relevos