Guerra de Crimea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
== Antecedentes ==
[[Image:Black_sea_crimean_war.jpg|240px|thumb|Situación das costas do Mar Negro ao comezo da Guerra.]]
Baixo tratados negociados durante o [[Século XVIII]], Francia era o gardián dos Católicos Romanos no [[Imperio Otomano]], mentres que [[Rusia]] era o protetor dos [[CristianosCristiáns Ortodoxos]]. Por varios anos, os monxes católicos e ortodoxos disputáronse a posesión da Igrexa da [[Natividade]] e a Igrexa do [[Santo Sepulcro]], en [[Palestina]]. Durante os anos [[1850]], ambos lados presentaron demandas que o Sultán non podía satisfacer simultaneamente. En [[1853]], o Sultán inclinouse a favor francés, a pesar das vehementes protestas dos monxes ortodoxos locais.
 
O [[Zar]] ruso, [[Nicolás I de Rusia|Nicolás I]], enviou un diplomático, o Príncipe [[Menshikov]], nunha misión especial ao goberno turco. Por tratados previos, o Sultán, [[Abd-ul-Mejid I]], estaba comprometido a "defender a [[Relixión]] e Igrexa Cristiana", pero Menshikov intentou negociar un novo tratado, polo cal Rusia podería intervir cando considerara a protección do Sultán inadecuada. Ao mesmo tempo, o goberno británico enviou un emisario, quen se enterou das demandas de Menshikov ao chegar. Mediante a diplomacia, Lord Starford convenceu ao Sultán de rexeitar o tratado, o cal comprometía a independencia dos cidadáns turcos. Pouco despois de enterarse do fracaso do seu negociador, o Zar enviou o seu exército a [[Moldavia]] e a [[Valaquia]], territorios otomanos nos que Rusia era coñecida coma unha gardiana da Igrexa Ortodoxa, empregando coma excusa a falta de solucións por parte do Sultán para protexer os lugares Sagrados. Nicolás I pensou que as potencias europeas non se opoñerían á anexión realizada, especialmente porque Rusia axudou a sufocar as [[Revolucións de 1848]].