Demótico exipcio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O termo '''demótico''' (do [[lingua grega|grego]] ''demotika'', "popular", acuñado por [[Heródoto]]) designa unha escrita usada para a [[lingua exipcia]], así como o estado desta lingua durante o tempo en que se utilizou.
 
A '''escrita demótica''' constituíuse durante a época [[saíta]] do [[Antigo Exipto]] e impúxose durante a época [[Historia do Exipto greco-romano|ptolemaica]]. O seu testemuño máis antigo é contemporáneo de [[Psammético I]] (664-610 a.C.). O demótico é unha simplificación da escrita [[hierático|hierática]], ela mesma unha simplificación da escrita [[xeroglifo exipcio|xeroglífica]], creada posibelmente no marco das reformas administrativas afrontadas durante a XXVI dinastía. A multiplicación dos documentos producidos polos [[escriba]]s esixía unha escrita ainda máis [[cursiva]] e rápida. Nacido en [[Sais]], o demótico estendeuse a todo o [[Exipto]] para a burocracia e a literatura e o [[heráticoescritura hierática|hierático]] ficou reducido aos documentos relixiosos, de onde lle ven o nome. Ao contrario que o hierático, o demótico si que se gravaba en pedra e madeira. A comezos do [[século IV]], o demótico foi definitivamente substituído polo [[lingua grega|grego]] e o seu último uso data de [[451]], sobre os muros do templo de [[File]].
 
Como lingua, o '''demótico''' caracterízase pola abundancia de [[verbo|formas verbais]] [[analítico|analíticas]] e de [[sufixo]]s e [[substantivo]]s [[composto]]s.