Demótico exipcio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Demotsko pismo
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:DemoticScriptsRosettaStoneReplica.jpg|thumb|Texto en demótico nunha réplica da [[Pedra de Rosetta]]]]
 
O termo '''demótico''' (do [[lingua grega|grego]] ''demotika'', "popular", acuñado por [[Heródoto]]) designa unhauma escrita usada para a [[lingua exipcia]], así como o estado desta lingua durante o tempo en que se utilizou.
 
A '''escrita demótica''' constituíuse durante a época [[saíta]] do [[Antigo Exipto]] e impúxose durante a época [[Historia do Exipto greco-romano|ptolemaica]]. O seu testemuño máis antigo é contemporáneo de [[Psammético I]] (664-610 a.C.). O demótico é unha simplificación da escrita [[hierático|hierática]], ela mesma unha simplificación da escrita [[xeroglifo exipcio|xeroglífica]], creada posibelmente no marco das reformas administrativas afrontadas durante a XXVI dinastía. A multiplicación dos documentos producidos polos [[escriba]]s esixía unha escrita ainda máis [[cursiva]] e rápida. Nacido en [[Sais]], o demótico estendeuse a todo o [[Exipto]] para a burocracia e a literatura e o [[herático]] ficou reducido aos documentos relixiosos, de onde lle ven o nome. Ao contrario que o hierático, o demótico si que se gravaba en pedra e madeira. A comezos do [[século IV]], o demótico foi definitivamente substituído polo [[lingua grega|grego]] e o seu último uso data de [[451]], sobre os muros do templo de [[File]].
Liña 7:
Como lingua, o '''demótico''' caracterízase pola abundancia de [[verbo|formas verbais]] [[analítico|analíticas]] e de [[sufixo]]s e [[substantivo]]s [[composto]]s.
 
O demótico foi unhauma das tres escritas empregadas na [[Pedra de Rosetta]], conxuntamente coa [[alfabeto grego|grega]] e a [[xeroglifo exipcio|xeroglífica]], o que lle permitiu a [[Jean-François Champollion]] descifrar esta última.
 
O [[alfabeto copto]], creado a partir do grego [[uncial]], tomou varios signos demóticos para representar sons non presentes no grego.