Casa das Artes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ Arquivo Fotográfico Pacheco
ligazóns internas e referencias
Liña 20:
| Web =
}}
A '''Casa das Artes''' é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de [[Vigo]]. Tamén é a sede da Fundación [[Laxeiro]], do [[Arquivo Fotográfico Pacheco]] e da colección [[Luis Torras]]. Constitúe o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais.<ref>[http://hoxe.vigo.org/movemonos/m_artes.php?lang=gal Cultura: Casa das Artes]</ref>
 
== Historia ==
O actual emprazamento do museo ocupa o espazo ocupado anteriormente polo antigo [[Ministerio de Economía e Facenda]], na rúa Policarpo Sanz 15. O edificio, deseñado na década dos trinta, albergou a sede do [[BandoBanco de España]] en Vigo dende [[1939]] ata mediados da década dos oitenta, cando o Ministerio de Economía e Facenda decidiu pechar tódalas sucursais do banco emisor que non estiveran en capitais de provincia.<ref>[http://hoxe.vigo.org/movemonos/m_artes.php?lang=gal Cultura: Casa das Artes]</ref>
O proxecto, asinado por [[Romualdo de Madariaga]] en setembro do [[1938]], e a intención da súa edificación xa partía de antes do golpe de estado do [[18 de xullo]] do [[1936]]. O edificio caracterízase polo seu chafrán central, que constitúe a súa principal seña de identidade, co que rompe a esquina das rúas Reconquista e Policarpo Sanz. A planta atópase aliñada coa rúa de [[Policarpo Sanz]], dándolle unha pequena elevación sobre a rasante, que se resolve cunha curta escalinata, de xeito que o soto reciba iluminación exterior das fiestras que asoman pola rúa Reconquista.