Henrique I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2008 ás 09:56

Henrique I de Castela, tamén chamado Henrique de Borgoña, (nado o 14 de abril de 1204 e falecido en Palencia en 1217). Llamado también Enrique de Borgoña, foi rei de Castela[1] entre 1214 e 1217.

Fillo menor de Afonso VIII e de Leonor de Plantagenet, accedeu ó trono con 10 anos ó morrer os seus seis irmáns varóns.

A súa minoría de idade supuxo a apertura dun periodo de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá maior, Berenguela, que residía na corte castelá tralo anulamento do seu matrimonio con Afonso IX de León polo papa Inocencio III en 1204.

A rexencia de Berenguela foi contestada polos Lara, familia de nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde Álvaro Núñez de Lara, negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.

A tutela do conde de Lara produciu desavenencias entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento maniobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta Mafalda de Portugal, filla do rei Sancho I. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.

Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con Sancha, filla de Afonso IX de León, co que se pretendía unir os reinos de Castela e León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a Fernando, fillo de Berenguela e do propio rei leonés.

Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.

Á súa morte planteouse un problema sucesorio. Elexida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro do reino de León Fernando III o Santo.

Notas

  1. A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo)
Predecesor:
Afonso VIII
Rei de Castela
1214-1217
Sucesor:
Berenguela