Galiza Ceive-OLN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Galicia Ceibe-OLN''' (posteriormente cambiou o nome a '''Galiza Ceive-OLN''') foi unha organización independentista de esquerdas impulsada polo [[Partido Galego do Proletariado]] en [[1980]] como a súa fronte de actuación política, aínda que a PGP utilizouna orixinalmente tan só como unha plataforma para concurrir ás eleccións municipais de 1979 en [[Vigo]]. Tras a disolución do PGP en 1981 GC-OLN ocupará o seu espazo político, a independencia plena sen excluí-la loita armada. En 1982 foi unha das forzas de deu orixe ó [[BNG]] pero deixouno ós poucos meses sen chegar a refrendar a súa constitución na Asemblea de Riazor por diferenzas na estratexia electoral a seguir. O seu voceiro era a revista ''Espiral''
 
Nas eleccións de 1983 formou xunto ó [[PCOE]] e independentes as [[Candidaturas de Unidade Popular]]. Diante os malos resultados acadados [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] propón a fins de ano na VI Asemblea Nacional a autodisolución da organización o que é rexeitado pola maioría, a minoría abandonou a organización. Nesa Asemblea decidiuse mudar o nome a '''Galiza Ceive-OLN''' e adoptar a ortografía reintegracionista, [[Antón Arias Curto]] convértese no líder máis destacado.